Posibilidades da Enerxía Solar na cociña: Achégate a experimentar cociñando co Sol
Venres 31 de maio
Anotádevos en oma2@udc.gal para recibir toda a info e detalles da convocatoria no voso correo-e!
Lugar: Aparcamento do Ed. Xoana Capdevielle (Campus Elviña)
Incluído na programación Campus, Casa, Cidade: Laboratorios do cambio, proxecto que conta coa colaboración da Fundación Alcoa, o Encontro Solar da UDC é unha xornada de celebración, na que organizamos un xantar colectivo, xuntando o maior número posíbel de fornos e cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados cociñados co sol.
O programa completo da xornada será o seguinte:
10:30h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares
11:30h Introducimos a comida nos fornos e cociñas
12:30h Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC1 guiada por J.M. Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC
Punto de encontro: mesa da OMA, situada no Aparcamento do Xoana Capdevielle
15:00h Xantar colectivo e degustación de comida solar
16:30h Recollemos entre todas as persoas participantes
Durante toda a xornada:
- Haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de distintos aparellos solares (se tes algún aparello que funcione con enerxía solar, non dubides en participar na actividade! Despois farémosche un sitio no banquete)
- Poderase visitar a exposición itinerante "A Enerxía Solar" da man de ADEGA
1O CITIC é un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta
A
asistencia é libre, pero para participar na cociña con fornos deberás
inscribirte en oma2@udc.gal (para podermos reservar o espazo e un forno para ti, se o precisas). Na inscrición indícanos:
Só hai un requisito: pratos, vasos, cubertos, etc. NON PODEN SER DE USAR E TIRAR. Non tería lóxica participar nunha actividade na que nos sensibilizamos no aproveitamento de unha enerxía limpa, na conservación e protección do medio ambiente, consumindo unha morea de recursos que nun anaco serán unha morea de lixo. Podes empregar os da louza cotiá que do mesmo xeito que os traes, regresan a casa, é sinxelo!
Para animarte:
- Encontros anteriores: http://medioambienteudc.blogspot.com/2017/04/v-encontro-solar-na-udc.html?m=1
- Degustación de balde para visitantes durante a mañá, a medida que os petiscos vaian saindo dos fornos
SOMBRA: Ao sol só precisan estar fornos e cociñas, desde a organizacion non podemos asegurar sombra para todas as persoas: se tes carpa ou sombrilla, achégate con ela
Non esquezas o teu Equipo de Protección Individual: Pucho, Gafas, Crema Solar
Mais info: oma2@udc.gal
981.167.000 Ext. 5626
Cartaz final 31 de maio VII Encontro Solar OMA-UDC
Cartaz do VII Encontro Solar da OMA-UDC