Últimos días para matricularse en ARQUITECTURAS AMBULATORIAS.

10/09/19 9:48
  • Cursos y formación Actividad o evento

Proposta presentada pola alumna da UDC Cristina Botana, á nosa VI Convocatoria de accións de EpD, Sensibilización e Participación Social. Matrícula gratuita.

A proposta consiste nun obradoiro de aprendizaxe-servizo co barrio do Campanario (A Coruña), terá lugar durante varias datas entre o xoves 19 setembro ao venres 25 outubro 2019 na Facultade de Socioloxía e no barrio do Portiño, no Centro Social O Campanario.

 Consistirán en:
-Xornadas-seminario abertas a toda a cidadanía
-Sesións de obradoiro
-Espazos para as persoas inscritas onde se traballará sobre: Diagnóstico da situación actual do barrio, a memoria do barrio, historias de vida da veciñanza, carencias e potencialidades.
Entregarase diploma da OCV-UDC ás persoas inscritas e participantes (mínimo un 80% de asistencia demostrada, diploma equivalente a 30h de formación)
Para máis información escríbenos:
obradoirocampanario2019@gmail.com
Tamén nos atoparás no espazo web da UDC e nas redes sociais: @obradoirocampanario

Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado