A Coruña, 5 de xuño de 2025.– A Universidade da Coruña abre as portas dos seus centros de investigación e do Servizo de Apoio á Investigación (SAI) no marco da iniciativa UDC Conecta, coa organización dun ciclo de xornadas de portas abertas dirixidas a empresas, entidades e persoas interesadas en coñecer o potencial científico e tecnolóxico da institución.
As visitas desenvolveranse os días 10, 11, 12, 19 e 20 de xuño, cun programa que inclúe unha presentación inicial e unha visita guiada polas instalacións dos cinco centros implicados:
10 de xuño – CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións)
11 de xuño – CITENI (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais)
12 de xuño – CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía)
19 de xuño – SAI (Servizo de Apoio á Investigación)
20 de xuño – CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil).
As visitas comezarán ás 9:30 horas, cunha duración aproximada de entre unha e dúas horas, e o número de prazas é limitado.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes de mañá, día 6 de xuño, a través do seguinte formulario. Poderase anotar nunha ou en varias destas visitas e, no caso de tratarse de de máis dunha persoa, haberá que cubrir un formulario por cada asistente.
Para máis información, contactar coa Oficina de Transferencia de Coñecemento da UDC a través do correo electrónico otc@udc.gal.
Sobre UDC Conecta
UDC Conecta é unha iniciativa impulsada pola Universidade da Coruña a través da súa Oficina de Transferencia do Coñecemento (OTC) co obxectivo de reforzar a conexión entre a universidade e o tecido produtivo, promovendo unha transferencia efectiva do coñecemento científico e tecnolóxico cara á sociedade. Esta plataforma establece unha alianza permanente coa empresa e ofrece un acompañamento integral para facilitar a colaboración mediante cátedras, unidades mixtas de investigación, proxectos colaborativos, servizos tecnolóxicos, doutoramentos industriais ou formación a medida, entre outros instrumentos.
Máis información en UDC Conecta.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC