Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais" na Universidade Sénior da Coruña

2/11/22 13:05

Aberto o prazo de preinscrición entre o 3 e o 20 de novembro para este Seminario realizado en colaboración coa Cátedra Vegalsa-Eroski da Universidade da Coruña.

A Universidade Sénior da Coruña oferta un novo Seminario titulado "Saúde, (des)información e redes sociais" realizado en colaboración coa Cátedra Vegalsa-Eroski da Universidade da Coruña e que será impartido polas prof. Carmen Costa Sánchez e Iria Veiga Ramos.

O seminario constará de catro sesións de dúas horas de duración (de 17 a 19 horas) a desenvolver os días 24 de novembro, 1, 15 e 22 de decembro de 2022, nas instalacións da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Ronda, 47, 1º) da Coruña.

As redes sociais convertéronse nunha importante fonte de información, tamén relacionada coa saúde. Non obstante, esa enorme cantidade de información, opinións, experiencias, etc. que circula polas redes inclúe tamén información falsa, o que pode conducir a erros no noso comportamento en materia de saúde. É por iso, que a Organización Mundial da Saúde acuñou o termo de ‘infodemia’ para referirse a esta situación de proliferación informativa no contexto da pandemia que se inicia en 2020.

Conscientes disto e das fake news que circulan pola Rede, este seminario pretende, en primeiro lugar, reflexionar e analizar a información en saúde que nos chega a través das redes sociais. En segundo termo, achegar unha serie de recomendacións para saber se a información que recibimos é unha información veraz e confiable.

Abordaránse os seguintes Contidos:

  • Introducción/ Contexto
  • A que chamamos ‘fake news’? As fake news a saúde
  • Opinión vs. Información
  • As fontes de información sobre saúde
  • A verificación da información en saúde
  • Guía de Expertxs
  • Obradoiro

As metodoloxías que se seguirán neste curso serán fundamentalmente dúas:

  • Sesións participativas, sesións comentadas na aula e con exemplos. A aula como espazo de debate e comentario en base a exemplos seleccionados para a súa análise e reflexión.
  • Obradoiro. Traballo en equipo para estudar casos de desinformación en saúde e aplicación de metodoloxía de verificación da información.

As prazas son limitadas e serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

A inscrición, que é gratuita, só poderá realizarse mediante formulario electrónico no seguinte prazo: do 3 ao 20 de novembro de 2022, a través da seguinte ligazón:

Formulario de inscrición - Seminario "Saúde, (des)información e redes sociais"

 

 

Máis información e asistencia á matriculación na Secretaría da Universidade Sénior na Coruña, de 9 a 14:30 horas:

 

Universidade Sénior. A Coruña
Edificio Normal - Campus de Riazor
Paseo de Ronda, 47, 1º
15011 A Coruña
Teléfono: 881014507
secretaria.senior.coruna@udc.es

Solicitude de cita previa

 

Publicado por: Universidade Senior