Semana Europea para a prevención de residuos na UDC

20/11/25 12:00

  • Medio ambiente

Do 22 ao 30 de Novembro de 2025

A maior campaña de concienciación sobre a prevención de residuos en Europa leva este ano 2025 o lema "Conecta o valor, desconecta o residuo", quere concienciar sobre as actividades de redución, reparación e reutilización de aparellos eléctricos e electrónicos que poidan ser implementadas por todas as partes afectadas, administracións, empresas, factorías, e persoas a título individual ou en organización social.

Programa na UDC:
  • Caracterización de residuos: Actividade de voluntariado técnico ambiental para a análise da calidade da separación do lixo en orixe. Inscricións.

Mércores 26 novembro, de 10:00 a 13:00h.  ETSE Camiños, Canais e Portos (Campus Elviña), corredor de orlas (andar 0).

  • Repair Café con Enxeñaría Sen Fronteiras. Inscricións, e tamén visita libre.

Xoves 27 novembro, de 15:30 a 18:00h. no corredor de orlas, andar 0. ETSE Camiños, Canais e Portos (Campus Elviña).

Venres 28 novembro, de 16:00 a 20:00h. na aula -1.5, soto. Edificio de Apoio ao Estudo (Campus Ferrol).

  • Exposición "O lixo na UDC : Modelo Nostián". Visita libre do 22 ao 30 de novembro, na ETSE Camiños, Canais e Portos (corredor orlas, andar 0).

 

O problema

Os dispositivos electrónicos e os aparellos eléctricos definen a vida moderna, pero os residuos que xeran levan consigo unha grande pegada ecolóxica. En 2022, introducíronse no mercado 14,4 millóns de toneladas de aparellos eléctricos e electrónicos e recolléronse 5 millóns de toneladas de residuos electrónicos (11,2 kg de RAEE recollidos por persoa), e case a metade dos RAEE xerados aínda non se recollen. España e outros Estados  da UE non alcanzan o obxectivo de recollida establecido na Directiva 2012/19/EU de RAEEs. 

Os RAEE conteñen materiais perigosos e recursos valiosos, incluídas materias primas críticas. A recollida, o tratamento e a reciclaxe axeitados son esenciais para previr riscos ambientais e sanitarios, mellorar a eficiencia dos recursos e apoiar unha economía circular.

Fonte: https://ec.europa.eu 

 

INSCRICIÓNS

 Cartaz e programa EWWR 2025 na UDC

Publicado por: Oficina de Sustentabilidade