Rutas a pé. Muíños do Batán

3/02/26 14:00

  • Estudiantado Actividad Deportivo PAS Pdi
UDC Rutas a pé

Dentro do bloque de actividades denominado "UDC Rutas a pé", desde a Área de Deportes organizamos pequenas rutas, de dificultade baixa ou moderada cunha duración aproximada de 3 ou 4 horas polos diferentes concellos das nosas comarcas, informámosvos da seguinte edición programada.

 

Data da actividade: sábado 21 de febreiro

Na ruta a pé correspondente ao mes de febreiro, organizamos a ruta Muíños do Batán (Concello de Carral). Trátase dunha ruta de dificultade baixa que, nesta ocasión, terá unha duración aproximada de 3 horas e 30 minutos.

O horario da actividade será das 10:00 ás 14:00 

 

inscrición para esta actividade estará aberta a partir dos seguintes días:

  • Membros, e familiares (cónxuxes e fillas/os), da comunidade universitaria da UDC, a partir do luns 9 de febreiro ás 13:00 h
  • O resto dos colectivos poderán facelo a partir do mércores 18 (no caso de quedar prazas libres)

A oferta será de 35 prazas.

 

Preme AQUÍ para coñecer os detalles da ruta

Máis información e inscricións

Publicado por: Servizo de Deportes