Roteiros para Ferrolanear. O Carregal de Esmelle e San Xurxo

20/11/19 17:18

  • Ruta
Carregal de San Xurxo

14 de decembro de 2019 ás 10.00 h no Museo de Natureza NON QUEDAN PRAZAS!

Os Roteiros para ferrolanear son una serie de propostas desde a UDC para coñecer e disfrutar camiñando da cidade e a súa contorna.

Nas inmediacións do monte de man común das Cabazas, no espazo que discorre entre a desembocadura do rego en Esmelle e o Xuncal de San Xurxo, temos unha interesante mestura de hábitats que van dende as dunas fósiles (estáticas e colonizadas por vexetación) ata o bosque de galería de ameneiros a carón dos cursos de auga ou a extensa superficie de carrizo na zona máis anegada e lamacenta.

Nestes lugares, habitan especies animais e vexetais que, debido á súa importancia ou singularidade, confírenlle a este espazo un valor especial e diversas medidas de protección fronte ás agresións.

No percorrido coñeceremos algunhas especies botánicas e animais propias de sistemas de duna, así como outras de bioloxía acuática ou ligada a hábitats húmidos. Tamén poderemos observar e coñecer o rastro da fauna habitual neste tipo de hábitats.

Percorrido nun só sentido a pé: ±4 km.

O traxecto discorre por hábitats tanto areosos como lamacentos, polo que é preciso levar roupa e calzado cómodos e acordes co lugar e a meteoroloxía da xornada (bota tipo sendeirismo, ou de sola que agarre). Tamén é recomendable levar bastón, gorro, auga e crema solar (se a meteoroloxía o require).

Lugar e hora de saída: A saída será do Museo da SGHN ás 10:00 h na Praza de Canido (polo que pregamos estar 10 min. antes, como mínimo, para a confirmación e toma de datos).

Lugar e hora de chegada de volta: Museo da SGHN ás 13:30 h (saída do aparcadoiro de San Xurxo arredor das 13:15 h).

Prezos:
3€ Comunidade Universitaria, persoas xubiladas, paradas ou menores de 12 anos
5€ Prezo normalizado
8€ Bono familiar

Limite de prazas: 25

NON QUEDAN PRAZA!

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar connosco a través do teléfono 881 013 697 ou no enderezo electrónico cultura.ferrol@udc.es

 

Logo Deputación

 Cartaz

Publicado por: Cultura

Noticias relacionadas (4)