O reitor inaugura as décimas xornadas do Colexio de Logopedas de Galicia

Nota de prensa
7/09/18 10:49
  • Institucional

A Coruña, 7 de setembro de 2018.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurará mañá, sábado, 8 de setembro, ás 9:30 horas no Paraninfo da Reitoría, as décimas xornadas do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia.

Na mesa de inauguración estará a presidenta do Colexio, Ana Isabel Vázquez Lojo; a coordinadora do proxecto e-Saúde da Consellería de Sanidade, Pilar Farjas; o director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia, Luis Miguel Vázquez, e o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Manuel Peralbo.

A xornada contará coas conferencias de Javier Bueno, Carolina Ogén, Mónica Villameá e Marlene Horna que tratarán temas como a intervención na afasia durante o ictus agudo, a deficiencia auditiva ou aspectos relativos ao espectro autista, entre outros.

 

Publicado por: Gabinete de comunicación da UDC