O proxecto Iacobus impulsado pola ETSAC da UDC e a Universidade de Clermont-Ferrand celebra o seu XXX aniversario

Nota de prensa

11/03/25 12:59

  • Institucional
  • Desde o seu nacemento, por este programa internacional pasou alumnado de 5 universidades europeas, chegando ao medio milleiro de participantes.

 

  • Teñen presentado máis de 500 propostas para 30 áreas de intervención arquitectónica en distintas cidades

 

A Coruña, 11 de marzo de 2025.- Foi no ano 1995 cando os profesores de arquitectura Claude Gaillard, da Universidade Clermont-Ferrand (Francia); e o profesor da UDC, Rafael Baltar; puxeron en marcha un programa de intercambio, co ensino da arquitectura como eixe esencial, ao que se engadía o común denominador do patrimonio do Camiño de Santiago.

Un proxecto que denominaron Iacobus e ao que se foron incorporando en diferentes anos tres novas institucións académicas: a escola de Regensburg  (Alemania), Erevan (Armenia) e Lieja (Bélxica). Esta última será a sede do encontro anual que realizan os impulsores e responsables desde programa, os profesores  Felipe Peña, Cristóbal Crespo e Juan Prieto, da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) cos participantes nesta iniciativa que dará como resultado unha proposta de integración arquitectónica nun lugar emblemático nese país.

Este ano os alumnos participantes traballarán nunha proposta para o colexio salesiano Don Bosco de Liexa e a súa reconversión nun espazo de encontro para a comunidade.

Tal e como explica Juan Prieto, “chegamos á edición número XXX e é a primeira que ten lugar en Lieja como anfitrións, cidade na que se traballaremos na reconversión dun equipamento docente en espazo comunitario, moi interesante e que será útil para a comunidade local"

A través deste ambicioso programa de intercambio, proporciónase unha formación especializada nun contexto de traballo colectivo, integrándose en grupos internacionais, baixo premisas e hipóteses reais, de forma que o seu  traballo, máis alá do académico, poida ter un impacto social significativo.

Hai que destacar que na selección da área sobre a que realizar a proposta de integración arquitectónica inflúen factores como o valor cultural da edificación sobre a que actuar e as posibilidades de dotar de novos usos  a antigas instalacións, entendendo a recuperación destes edificios como un valor patrimonial e social.

Para o alumnado trátase dunha oportunidade de intervención patrimonial e dunha experiencia de intercambio de coñecementos e metodoloxías de traballo e formación.  Así, tal e como expresa Felipe Peña, “para nós e os nosos estudantes, este proxecto ten suposto un contacto con outras escolas e a mestura de arquitecturas e culturas dos diferentes países participantes.”

Tras estes anos de experiencia, “os obxectivos de cara ao futuro serán reforzar a relación entre as universidades con outro Erasmus+ e avanzar cara a dobres titulacións que dean acceso directo á profesión en varios países aos nosos estudantes”, explica Carlos Crespo, un dos responsables do programa Iacobus e profesor na ETSAC.

 

Máis de 500 propostas para 30 áreas de intervención 

Durante estas tres décadas de programa, máis de 500 alumnos e alumnas de España, Francia e Alemaña compartiron, traballaron, deseñaron e defenderon un proxecto común, que lles permitiu achegarse á creación e á expresión a través do debuxo. Elaboraron un total de máis de 500 propostas para 30 áreas de intervención, unha por cada ano de vida do programa.

O país sobre o que traballar varía cada ano e, tras meses traballando en común, no que se inclúe unha semana de traballo in situ na zona seleccionada en cada edición, elíxese un traballo gañador.

Así, nestes últimos anos, realizáronse, entre outras, propostas  de intervención para a Ostdeutsche Galerie, en Regensburg (Alemania);  o Thébaide, en Mauriac (Francia); o Ancien Hôpital, en Thiers (Francia); no Eusebio da Guarda, en A Coruña (España); ou Pazo de Dona Urraca, en Lugo (España).

 

 

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC