O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá a X edición da FIRST LEGO League Galicia na que participan máis de 300 mozos e mozas de toda a comunidade

Nota de prensa

1/03/24 14:55

  • Institucional

 

Ferrol, 1 de marzo de 2024.- O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, sábado 2 de marzo, entre as 09:00 e as 18:00 horas, a décima edición da FIRST LEGO League Galicia, un campionato no que participan un total de 43 equipos (25 na categoría FLL Challenge, 16 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.

As presentacións dos Proxecto de Innovación terán lugar na Facultade de Humanidades e Documentación e na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, o Xogo do Robot no Pavillón de Esteiro, e a entrega de premios, prevista para as 16:00 horas, no Auditorio Municipal.

Ao longo da xornada, achegaranse ata o Campus Industrial de Ferrol e ata o Auditorio Municipal o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; a secretaria territorial da Xunta de Galicia, Patricia Busto; o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Julio García Cordoné; o presidente de Ingenier@Soy, Javier Butragueño; a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, Margarita Ardao; o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz; o representante de Gabadi, José Luis Manso; a responsable de Marketing de PuntoGal, Cristina Ríos; ou a alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro; entre outras autoridades.

Como cada ano, colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego – dependente da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

 

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real, como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal, como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.

 

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2022, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

 

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada temporada, a FIRST LEGO League permitirá aos mozos e mozas ver a ampla gama de oportunidades da industria STEAM botando man da súa exploración como parte de MASTERPIECE, un desafío no que aprenderán como a Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñaría e as Matemáticas se relacionan coas artes en formas moi sorprendentes. O seu obxectivo final será o de imaxinar e innovar novas formas de crear e comunicar arte en todo o mundo.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

  • O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
  • O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misión nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
  • A integración dos valores FIRST LEGO League. Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

 

Como participa un equipo na FIRST LEGO League?

Os participantes crean un equipo, de entre 2 e 10 membros, de 10 a 16 anos.

Durante tres meses preparan o desafío FIRST LEGO League e organizan a súa propia micro FLL no centro educativo ou asociación. A participación nunha micro FLL dá acceso aos Torneos Clasificatorios FIRST LEGO League.

Os equipos seleccionados nos Torneos Clasificatorios chegarán a GRAN FINAL FIRST LEGO League que este ano terá lugar o 16 de marzo no Edificio do Paraninfo e na Facultade de Dereito da Universidade de Alacante.

 

Que é a FIRST LEGO Explore?

A FIRST LEGO League Explore é un programa internacional dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, centrado na promoción da ciencia e da tecnoloxía, para captar a curiosidade dos máis pequenos e dirixila cara o descubrimento e a mellora do mundo que os rodea.

Por equipos, de entre 2 a 6 participantes, os máis pequenos deseñan e constrúen unha maqueta con pezas LEGO e preparan un póster ilustrativo do seu traballo. Un póster que presentan diante do público asistente aos EVENTOS FIRST LEGO League Explorer que se organizan nos tornos clasificatorios e na Gran Final.

 

Que é a FIRST LEGO Discover?

A FIRST Lego League Discover é un programa introdutorio á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e ás matemáticas (STEM), dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. O programa estimula a súa curiosidade natural ampliando os seus coñecementos e desenvolvendo novos hábitos de aprendizaxe.

 

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge

Equipo

Nome

Colexio

1

Elementals

CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

2

Peña Bots 1

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

3

Peña Bots 2

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

4

PATHFINDERS

Colexio Internacional Eirís (A Coruña)

5

Fun BOT

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

6

Legotrónicas

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

7

MonBOT

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

8

Recycled Team

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

9

Las Acacias BOT

Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

10

STEAM Girls Las Acacias

Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

11

MontecasteloBOT

Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

12

Electrics Makers Lab

e-makers Lab (Narón, A Coruña)

13

Montespiño Bot

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

14

The Beats

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

15

CTRL+ T

IES As Telleiras (Narón, A Coruña)

16

Catabótica

IES Catabois (Ferrol, A Coruña)

17

Os robots do pazo

IES de Fene (Fene, A Coruña)

18

ROBTIGUEIRA

IES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)

19

MEGA BUILDER TEAM

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

20

MEGA LEGO POBRA

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

21

MEGA RIBEIRA SUPER LEGO

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

22

ROBOT CITY POBRA

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

23

CIRCUSZ4POS

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

24

G4Z4F4NT4SM4S

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

25

PINTUZ4POS

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

       

 

Listaxe FIRST LEGO League Explore

Equipo

Nome

Colexio

1

Amigos de Rubik

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

2

Dance

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

3

Lego Malk

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

4

Os catrelizantes

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

5

Reino de Lego

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

6

Rock and Roll

CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)

7

Maker Lego Lar

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

8

STAR LEGO LAR

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

9

LA FÁBRICA MAKER

e-makers Lab (Narón, A Coruña)

10

Monbóticas

Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)

11

MEGA BUILDER TEAM JR

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

12

ROBOT CITY POBRA JR

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

13

EL ARTE DEL LEGO

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

14

POKEBOTS

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

15

Legoleiros

-          (Oleiros, A Coruña)

16

Rolling Legos

Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

 

Listaxe FIRST LEGO League Discover

Equipo

Nome

Colexio

1

Champi Makers LAB

e-makers Lab (Narón, A Coruña)

2

Lego Monsters

Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

 

Máis información nas RRSS da FIRST Lego League Galicia:

Facebook: https://www.facebook.com/firstlegoleaguegalicia/

Twitter: https://twitter.com/fllgalicia

Instagram: https://www.instagram.com/fllgalicia/

 

Foto: Integrantes dun dos equipos da FLL Galicia disputando Xogo do Robot (imaxe de arquivo).

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC