O CITIC da UDC obtén 1,7 millóns de euros para proxectos de transición ecolóxica e innovación e tecnoloxías intelixentes aplicadas á oftalmoloxía

Nota de prensa

9/12/22 13:18

  • Institucional
  • Dez propostas do centro, na súa maioría da área de Intelixencia Artificial, captaron financiamento a través de dúas convocatorias do Ministerio de Ciencia e Innovación
  • O diagnóstico de enfermidades, os algoritmos verdes e o posicionamento en interiores, entre outras, centran as temáticas dos proxectos financiados polo ministerio

 

A Coruña, 9 de decembro de 2022.- O CITIC da UDC captou fondos por valor de 1,7 millóns de euros a través de dúas convocatorias de proxectos orientados á transición ecolóxica e dixital e de innovación  do Plan Estatal de Investigación Científica 2021-2023. Concretamente foron dez os proxectos seleccionados, na súa maioría parte pertencentes á area de Intelixencia Artificial, que abordarán solucións tecnolóxicas para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras, o diagnóstico de enfermidades e o tratamento de pacientes ou algoritmos de selección de características verdes, entre outras.

Así, nove iniciativas do CITIC resultaron beneficiarias da convocatoria de Proxectos Orientados á Transición Ecolóxica e a Transición Dixital, que ten como finalidade fomentar as actividades de I+D+i para incrementar a competitividade e o liderado internacional da ciencia e  a tecnoloxía a través da xeración de coñecemento científico mediante unha investigación de calidade. Os proxectos seleccionado foron:

  • Arquitectura Lakehouse en la Nube como Facilitador de la Digitalización. IPs Juan Touriño Domínguez e Guillermo López Taboada.
  • PLAGEMIS (PLAtform for the GEneration of Mobility Information Systems). IPs: Nieves R. Brisaboa e Miguel Rodríguez Luaces.
  • Sistema de Alta Seguridad Basado en Blockchain para la Gestión Privada de Datos de Pacientes de Servicios de Salud Digitales. IP: Tiago Manuel Fernández Caramés.
  • Calidad de vida para personas cuidadoras a través de una solución tecnológica centrada en la persona. IPs: Betania Groba González e Laura Nieto Riveiro.
  • Detección integrada de vídeo y radar para el posicionamiento en interiores de personas sin dispositivos y con garantía de privacidad basada en edge AI. IPs: Carlos J. Escudero Cascón e Luis Castedo Rivas.
  • Algoritmos de selección de características verdes y rápidos. IP: Verónica Bolón Canedo.
  • Tutor de programación inteligente mediante robótica simulada. IPs: Francisco Bellas Bouza e Óscar Fontenla Romero.
  • Diagnóstico digital: Transformación de la detección de enfermedades neurovasculares y del tratamiento de los pacientes. IPs: Marcos Ortega Hortas e Jorge Novo.
  • Behavior-Based Continuous Authentication Technology as a Service. IPs: Carlos Dafonte Vázquez e Francisco Javier Nova Manuel.

 

 

 

Tecnoloxías intelixentes en oftalmoloxía

Pola súa banda,  na convocatoria de proxectos “Prueba de Concepto”, tamén do Plan Estatal de Investigación, Científica e de Innovación, resultou beneficiario o proxecto de Marcos Ortega sobre “Melloras no diagnóstico e investigación clínica mediante tecnoloxías intelixentes aplicadas a imaxe oftalmolóxica”. A investigación, que parte dos resultados dun proxecto de I+D anterior RTI2018-95894 que finaliza este ano,  desenvolveu e validou metodoloxías para o diagnóstico e caracterización de patoloxías maculares baseadas no análise automático de imaxes multimodais, principalmente retinografía, OCT y OCT-A.  Precisamente, estes métodos son obxecto agora da “Prueba de Concepto” co fin de transferilos ao mercado e a sociedade nunha forma axeitada de uso. Así mesmo, permitirá integrar no Sistema de Saúde unha ferramenta informática de diagnóstico precoz de patoloxía ocular, mellorando a calidade de vida dos pacientes e aforrando custes no seu tratamento e seguimento.

Sobre o CITIC

O CITIC é un centro de investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC, creado en 2008 pola Universidade da Coruña. A actividade científica do centro estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial; Ciencia e Enxeñaría de Datos; Computación de Altas Prestacións; e Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal a todas elas: a de Ciberseguridade.

Na actualidade, o CITIC está acreditado como Centro de Investigación de Galicia. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxectivo temático de promover o desenvolvemento tecnolóxico‚ a innovación e unha investigación de calidade.

Un dos obxectivos do CITIC pasa por poñer ao alcance da sociedade os resultados das súas investigacións, polo que o centro promove accións de ciencia cidadá e actividades divulgativas que potencien as vocacións científicas e garantan a renovación do talento no ámbito das TIC.

 

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC