A Área de Cultura da Universidade da Coruña principia este mes de maio un novo ciclo dedicado á sétima arte: Conversas coa dirección. É un proxecto que consistirá nunha cita mensual con realizadores/as de cine e documentais, co fin de achegar ao público a obra fílmica dos/as convidados/as e de ofrecer a posibilidade de conversar con eles/as tras a súa visualización.
O primeiro protagonista será Álvaro Gago e a súa curta Matria
Ramona vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e á súa neta.
En Matria, a personaxe principal leva todo o peso da historia. Ningún plano existe sen a súa presencia. Trátase de somerxer ao espectador na personaxe. A liña emocional de Ramona é a liña que seguirá a audiencia. Non existe o misterio neste filme; si a sorpresa, que vén dada pola forma en que o espectador interioriza e reacciona ante as situacións a medida que avanza a película, sempre ao mesmo tempo que a personaxe principal.
O ritmo vivo do que queriamos impregnar o filme é a razón pola que o guión sucede nun só día e non contén grandes elipses temporais. A liña temporal continua contribúe a non sobrepor a película á propia vida.
O espazo en Matria ten unha relación complicada, case antagónica, coa personaxe principal. Ramona non se encontra a gusto nos espazos en que desenvolve a súa vida cotiá: casa e fábrica de conservas, de aí que buscásemos representalos dunha maneira claustrofóbica en contraposición coa abertura do exterior. Nestes espazos Ramona esconde máis do que mostra: o que vemos de fronte é a contorna e o que vemos de costas é a súa intimidade.
Ramona é, en xeral, unha personaxe hermética, de difícil acceso. Expresa as emocións a través da actitude que toma fronte aos problemas. Os problemas son os que revelan a complexidade emocional da personaxe. Só accedemos á psicoloxía de Ramona a través da súa contorna e das súas accións. Non pretendía construír unha película sen emocións, ao contrario, pretendía enchela coa sinceridade das emocións contidas.
Álvaro estuda comunicación e música en Pontevedra, teatro en Chicago e cinema na London Film School, en que se gradúa no 201 3 coa curta Curricán, gañadora do premio á mellor dirección en Curtocircuito e á mellor película no Festival de Cans. En Londres, establécese como montador e compaxina o seu traballo coa impartición de clases na Young Film School e a organización do Galician Film Forum.
A súa última curta Matria ven de gañar o gran premio do xurado no Festival de Sundance 2018 ademais do premio á mellor curta española na Seminci e mellor filme e mellor actriz en Alcine e Aguilar del Campoo. Actualmente está pre-producindo a súa próxima curta de ficción Vigo, 18 de Decembro e escribindo a súa primeira longametraxe.
BOMBOLLES (Curtametraxe, Canon 7D, 3’, 2015)
Fajr lnternational Film Festival of Teherán, Shorty lnternational Fiim Festival, Festival Fenetre sur l’Eu¬ rope (Premio do Público), CMS Children’s lnternational Film Festival, Wolves lndependent lnternational Film Festival.
CURRICÁN (Director/Editor, Curtametraxe, 16mm, 16’, 2013)
Curtocircuito lnt. Short Film Festival (Mellar Director), Cans Film Festival (Mellar Película), Primavera do Cine (Mellar Película), Málaga Film Festival, IBAFF, Bueu lnt. Film Festival, Vitoria-Gasteiz Short FF, IFF far Children – AniFestROZAFA

Publicado por: Cultura