MMP 2019 (Música e Movemento Partillados/Música e Movimento Partilhados)

10/10/19 14:09
  • Actividad Artes vivas Colaboración Música

4º Encontro Eurorexional de Música e Artes Escénicas. Música e Movemento Partillados/ Música e Movimento Partilhados

Desde hai catro anos, as Universidades de Galicia e o Norte de Portugal traballan nun proxecto de cooperación cultural eurorrexional no marco da Fundación CEER, co obxectivo de compartir e difundir a cultura universitaria e establecer sinerxias e proxectos compartidos.

Nesta 4ª edición a Universidade da Coruña é a anfitriona e acollerá os días 25 e 26 de outubro ás Universidades do Minho, Tras-os-Montes e Alto Douro, Porto, Santiago de Compostela e Vigo.

Este ano mostraranse os espectáculos o 25 a partir das 18:00 horas na Praza de María Pita, onde chegarán as delegación cun pasarrúas dende a Reitoría. O 26, e desde as 11:30 horas, será nos Cantóns de Molíns en Ferrol, onde chegarán desde o Campus de Esteiro. As mostras de teatro, danza, música, performance e videoarte son gratuitos e abertos a toda a cidadanía.

A convocatoria deste ano ten como tópico a “emerxencia climática” e a UDC conta coa colaboración na organización do evento do alumnado do colectivo FridaysForFuture da Coruña e Ferrol.

Na Coruña 25 de outubro (a partir da recepción as horas son aproximadas):

17:00 Recepción dos participantes na Reitoría. Benvida institucional do Reitor
          Eco jazz + teatro
          Orquestra de Jazz do Douro e Grupo de teatro|Universidade de Trás-os- Montes e Alto Douro
17:30 Pasarúas polo centro da cidade até a Praza María Pita (en caso de chuva realizarase no Paraninfo da UDC)
18:30 Comezo das actuación segundo programa na Praza de María Pita

Programa:

As 4 estacións porteñas
Espazo de danza|Universidade de Santiago de Compostela

A irmandade do viño
Teatro, danza e canto|Universidade do Porto

Leviatán
Acción teatral|Universidade de Vigo

Tun´obebes
Performance e Musical con 4 momentos|Universidade do Minho

Desvotar. Obradoiro de acceso libre
Videocreación e performance|Universidade da Coruña e FrydaysForFuture Coruña|Ferrol

En Ferrol 26 de outubro (a partir da recepción as horas son aproximadas):

11:00 Recepción dos participantes no Salón de Actos do Campus de Esteiro. Benvida institucional da Vicerreitora
11:30 Pasarúas polo centro da cidade até o Cantón de Molíns (Praza da Constitución) (en caso de chuva realizarase no Salón de Actos)
         Tun´obebes
         Performance e Musical con 4 momentos|Universidade do Minho
12:00 Comezo das actuación segundo programa

Programa:

As 4 estacións porteñas
Espazo de danza|Universidade de Santiago de Compostela

Desvotar. Obradoiro de acceso libre
Videocreación e performance|Universidade da Coruña e FrydaysForFuture Coruña|Ferrol

A irmandade do viño
Teatro, danza e canto|Universidade do Porto

Leviatán
Acción teatral|Universidade de Vigo

Eco jazz + teatro
Orquestra de Jazz do Douro e Grupo de teatro|Universidade de Trás-os- Montes e Alto Douro

 Cartaz

Publicado por: Cultura