No presente curso 2022-2023, a Universidade Sénior retoma os Intercambios Académicos coa Universitat Senior da Universitat Politécnica de Valencia.
Así, entre o 6 e o 10 de marzo de 2023, un grupo de alumnos e alumnas deste programa universitario para maiores de Valencia participará nun completo programa de actividades académicas, sociais e culturais, desenvolvidas coa colaboración de docentes e mailo acompañamento de alumnos e alumnas da Universidade Sénior da Coruña.
O vindeiro 15 de febreiro de 2023, ás 11 horas, na Aula 1 da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Ronda, 47) terá lugar unha reunión informativa á que están chamados a participar todos os alumnos e alumnas que estén interesadas en participar como voluntarios/as no acollemento e acompañamento do alumnado da UPV.
![[Intercambio UPV 2023] Cartel Reunión Informativa [Intercambio UPV 2023] Cartel Reunión Informativa](/export/sites/udc/senior/_galeria_imgs/Intercambio-UPV-2023-Cartel-Reunion-Informativa.jpg_2063069294.jpg)
Publicado por: Universidade Senior