Inscrición no obradoiro "VIO 7: Ver para erradicar" da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

18/10/19 10:00

"VIO 7: Ver para erradicar" é un proxecto de formación creado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia e subvencionado pola Deputación da Coruña. O obxectivo principal deste obradoiro, feito en colaboración coa Unidade de Atención á Diversidade da UDC, é fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia cara as mulleres con discapacidade, igualdade e prevención da violencia de xénero. Traballarase a partir de materiais únicos e innovadores, uns cadernos realizados pola propia entidade a partir da experiencia profesional directa cos centros de mulleres con discapacidade galegas atendidas. Con el, búscase dar resposta á necesidade de formación continua dunha forma creativa e orixinal que faga máis doado chegar á realidade das mulleres con discapacidade de Galicia.

Contidos:

  • Perspectiva de xénero e consecuencias na sociedade.
  • Importancia do uso da linguaxe con perspectiva de xénero.
  • A teoría interseccional.
  • Definición de violencia e os seus tipos.
  • Ciclo da violencia
  • Metodoloxía para a detección dos indicadores de cada unha das violencias.

Datas e horario:

  • 5 de novembro do 2019 (16:00 a 19:30 horas)
  • 6 de novembro do 2019 (16:00 a 19:30 horas)
  • 7 de novembro do 2019 (16:00 a 19:00 horas)

Lugar de realización: Aula 4 - Pavillón de estudantes, andar -1 (Campus de Elviña)

Duración: 10 horas

Destinatarios: Alumnado da Universidade da Coruña

Prazas: 30 prazas

Inscrición: No seguinte formulario de preinscrición, desde o luns 21 de outubro de 2019 ás 10:00 horas ata o domingo 27 de outubro ás 23:59 horas. A admisión no curso realizaranse por riguroso orde de preinscrición.

* Certificarase a asistencia como curso de formación en atención á diversidade ademáis de que se recoñecerá 1crédito nas titulacións de grao (Resolución Reitoral do 16/10/2017 da UDC)

Publicado por: Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa