I CONCURSO ENKI-UDC PARA O DESEÑO DUN OBSTÁCULO PARA A VI CARREIRA ENKI GALICIA

4/09/19 11:18

A Universidade da Coruña, en colaboración coa Fundación Abrente, coa finalidade de promover a inclusión de todas as persoas en actividades de ocio e deporte, convoca o I Concurso ENKI-UDC para o deseño dun obstáculo para a VI Carreira ENKI Galicia que terá lugar o 19 de outubro de 2019.

O concurso ten como obxectivo fomentar a participación do alumnado de grao, mestrado e doutoramento no ámbito do deporte e da diversidade mediante a elaboración dunha proposta para un obstáculo na devandita carreira, tendo en conta criterios de accesibilidade e creatividade.

Os traballos poderán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, rúa da Maestranza, 9 15001 A Coruña, no Rexistro Auxiliar de Elviña sito na Facultade de Ciencias do Campus da Zapateira, 15071 A Coruña, no Rexistro Auxiliar do Campus de Ferrol, Avda. de Vigo s/n, Esteiro, 15403 Ferrol ou a través de calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O prazo de presentación dos traballos finaliza o día 20 de setembro de 2019 ás 14.00 horas.

Concurso ENKI-UDC para diseño de un obstáculo

Publicado por: Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa