Estrategias para la evaluación continua en la docencia semipresencial o virtual. Webinar con Francesc Esteve Mon

14/10/20 10:36

Esta semana contamos con un convidado de luxo para as nosas sesións formativas en directo: O doutor Francesc Esteve Mon, da Universitat Jaume I falará sobre Estratexias para a avaliación contínua na docencia semipresencial e virtual.

Francesc Esteve é Profesor Departamento de Pedagoxía e Didáctica na Universitat Jaume I e actualmente desempeña o cargo de Comisionado da reitora para o impulso dixital da Universitat Jaume I (UJI).

Doutor en Tecnoloxía Educativa pola Universitat Rovira i Virgili e membro do grupo de investigación en "Enseñanza, Aprendizaje y Tecnología (GREAT)". A súa investigación céntrase na análisise da competencia dixital e na formación do profesorado, temas sobre os que conta con numerosas publicacións.

Toda a info e ligazón para conectarte á sesión aquí: https://www.udc.es/es/cufie/TELEFORMACION/eventos/

Publicado por: Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa