Este pandeiro que toco. O patrimonio de percusión nas mans das mulleres galegas

14/06/23 9:44

  • Música

Sala Cubo de Normal. Sábado, 1 de xullo de 2023

Esta xornada pretende pór en valor o canto acompañado con percusión de man, unha forma de literatura/música de transmisión oral historicamente protagonizada por mulleres no territorio galego.


A través de material audiovisual, charlas, obradoiros e un concerto didáctico, exploraremos aspectos históricos e actuais desta arte. Carme López situará o tema dentro do marco do patrimonio inmaterial galego e Rosalía Portos presentará o seu Cancioneiro ilustrado de Liñares. Contaremos tamén con dous obradoiros para mergullarnos nestas prácticas: un sobre o pandeiro cadrado,
impartido por Xulia Feixoo, e outro enfocado na pandeira, con Carolina Vázquez. As directoras do documental Axudádeme a cantar. Seis historias arredor da música de tradición oral en Galicia (2022) presentarán o seu traballo, do que veremos tres capítulos, e a continuación abrirase un espazo para preguntas e debate.


Rematarase cun concerto didáctico por parte da agrupación Caldo, integrada por María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra)  que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Presentan unha proposta na que integran melodías tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas atlánticas.

 

Os asistentes deberán cubrir previamente este formulario de inscrición

 

Programa:

10:15 h. Presentación


10:30 h. Presentación do documental Axudádeme a cantar. Seis historias arredor da música de tradición oral en Galicia
Carme López, Xulia Feixoo e Renée DePalma


11:00 h. O canto acompañado con percusión de man como patrimonio inmaterial galego. Carme López


12:00 h. Pausa-café


12:30 h. Proxección do episodio 3: Pandeirada en Liñares: canto,identidade e emigración e presentación de Liñares para cantar. Cancioneiro ilustrado de Liñares. Rosalía Portos, informante do episodio.


13:30 h. O pandeiro cadrado en Galicia: tipoloxías e repertorio. Obradoiro impartido por Xulia Feixoo


14:30 h. Peche da sesión da mañá


16:30 h. Proxección do episodio 2: A festa da pandeira: celebrando a recuperación dun instrumento. Proxección do episodio 6: Das aldeas aos escenarios: a música de tradición oral no panorama musical galego


17:00 h. Imos á «polavila»: introdución á técnica e repertorio da pandeira. Obradoiro impartido por Carolina Vázquez


18:00 h. Pausa-café


18:30 h. Concerto didáctico de Caldo

Logo Deputación

 

Publicado por: Cultura