Convenio entre a Universidade da Coruña e Oracle Ibérica para a incorporación de cursos oficiais de Oracle University e Oracle Academy en graos e posgraos

Nota de prensa

7/07/23 11:58

  • Institucional

A Coruña, 7 de xullo de 2023.- Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña, e Albert Triola Espigule, representante de Oracle Ibérica S.R.L. asinarán o vindeiro luns, 10 de xullo, na Sala de Prensa da Reitoría, ás 11:00 horas, un convenio de colaboración para a incorporación de cursos oficiais de Oracle University e Oracle Academy en graos e posgraos.

Con este convenio Oracle pon a disposición da Universidade un programa completo con acceso a material formativo que inclúe o acceso a Oracle Academy a toda a comunidade académica da UDC e acceso a Oracle University a través do programa Oracle Student Learning Subscription. O obxectivo é promover o talento na formación das Tecnoloxías da Información e permitir o acceso ao estudantado ao mundo laboral coa certificación destes cursos.

 

Logo do acto de firma, ás 12:00 horas, os asistentes trasladaranse á Cidade das TIC, onde o reitor amosará aos representantes da empresa Oracle as instalacións.

 

Sobre Oracle

Oracle é una empresa multinacional do sector da Tecnoloxía da Información. A súa actividade principal é a comercialización dunha gran variedade de solucións tecnolóxicas para empresas, que supoñen un elemento esencial para liderar a súa innovación e desenvolver novos modelos de negocio. Oracle desenvolve e participa en diversas iniciativas e proxectos educativos relacionados co sector TIC e cos que pretende animar a inspirar o talento de diferentes colectivos da sociedade nesta materia.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC