CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA EN COOPERACIÓN E EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

5/09/23 11:55

Dirixido a

Profesionais, licenciados/as e estudiantes que queiran coñecer o traballo en cooperación e educación para o desenvolvemento.

INFORMACIÓN

Datas de impartición: Do día 5 de outubro ao 30 de novembro de 2023

Horario: Xoves e venres de 16:00h a 20:30h

Créditos: 6  ECTS

Modalidade: Presencial

Lugar de impartición: Facultade de Dereito, Aula 2. Campus de Elviña

 

PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA

  • Data de preinscrición: Do 1 ao 21 de setembro de 2023
  • Data de matrícula: Do 25 ao 29 de setembro de 2023 

 

REQUISITOS DE ACCESO

Serán admitidas aquelas persoas que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Poseer un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudios de grao cando nestes créditos esté comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a  admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  4. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos/as previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno/a. 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Terá preferencia o alumnado con titulación universitaria da UDC, o PDI e o PAS.
  2. Currículum profesional vinculado ao sector das ONGD ou entidades sen ánimo de lucro.
  3. Ter realizado previamente outros cursos de cooperación uo educación para o desenvolvemento.
  4. Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como o expediente académico ou unha entrevista persoal (opcional).

DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN

  1. DNI,  pasaporte oU tarXeta de residencia (para extranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU.
  3. Certificados da formación previa realizada e relacionada coa materia do posgrao.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o postgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

 

 

Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado