A Universidade da Coruña únese ao reto 30 días en bici ao campus

Nota de prensa
29/03/19 14:27
  • Institucional

A Coruña, 29 de marzo de 2019.- A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña súmase á iniciativa Reto 30 días en bici por unha mobilidade sustentable. Esta iniciativa é unha campaña de promoción do uso da bicicleta para a que hai que rexistrarse e ir sumando os quilómetros que se realizan ao longo do mes de abril. Os usuarios que acumulen polo menos 30km neste mes participarán nun sorteo de agasallos.

Os participantes poden rexistrarse ata o día 15 de abril na páxina web: https://www.reto30diasenbici.com/ na que tamén aparecen as universidades e empresas colaboradoras e faranse ránkings polo número de quilómetros percorridos.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC