A Coruña, 5 de febreiro de 2024.- A Universidade da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para a oferta de obradoiros que terán lugar no Espazo de Intervención Cultural Normal, no Campus da Coruña, e no Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol.
Este ano os membros da comunidade universitaria teñen ao seu dispor unha ampla oferta formativa, que comprende diversas disciplinas: danza contemporánea, interpretación, cursos de guión, creación musical e novas tecnoloxías, escrita creativa e introdución á fotografía.
No caso do Campus Industrial de Ferrol, o alumnado terá ao seu dispor obradoiros de danza e fotografía.
A matrícula poderá facerse de xeito telemático ata o día 23 de febreiro e está aberta para a comunidade universitaria e o público en xeral. Ademais, o alumnado de grao que participe terá dereito ao recoñecemento de créditos na súa titulación.
Máis información e inscricións nas seguintes ligazóns:
As persoas que sexan novas usuarias terán que facer un proceso de rexistro, no que os membros dos diferentes colectivos da UDC terán que premer en "comunidade universitaria", e o resto de público deberá premer en “persoas externas”. Neste último caso, deberán ter ademáis ter creada unha conta da UDC.
A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegase a cinco persoas.
Calquera dúbida ou incidencia poderase consultar na dirección de correo electrónico normal@udc.gal ou nos teléfonos 881014502, en quenda de mañá, ou 881014511, en quenda de tarde, para os obradoiros de NORMAL; e para os ofertados en Ferrol, no correo cultura.ferrol@udc.gal e o teléfono 881013697, en quenda de mañá.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC