A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC celebrou con arte colaborativo no CEIP Raquel Camacho o Día Internacional do Voluntariado

Nota de prensa
13/12/19 12:13
  • Institucional

A Coruña, 13 de decembro de 2019.- A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña sumouse ao acto organizado pola Plataforma Coruñesa do Voluntariado para celebrar o Día Internacional do Voluntariado, o pasado 5 de decembro, en colaboración co CEIP Raquel Camacho e coa Asociación de Artistas da Coruña.

Os participantes nesta iniciativa realizaron, de forma colaborativa, un mural dentro das instalacións do colexio Raquel Camacho coa temática relacionada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, concretamente co ODS4, relativo á educación, e o 13, sobre a vida submarina, por estar o barrio do centro escolar especialmente ligado á tradición pesqueira da cidade. Ademais de pintar o mural, decoráronse o resto das paredes do polideportivo de cor azul. Foi unha actividade moi enriquecedora, segundo afirman os organizadores. “O colexio estase convertindo nunha obra de arte colaborativa en vivo, en un lugar amable de aprendizaxe e disfrute dos cativos do barrio”, engadiu a directora do centro.

Con esta actividade pretendíase que a cidadanía se involucrase na rehabilitación, mantemento e fortalecemento no ámbito local dun espazo público que utilizan os menores e que facilitará a súa aprendizaxe e benestar no colexio. Este acto marcou o inicio dunha iniciativa de revalorización dos espazos públicos e de sensibilización da cidadanía a través da arte.

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC