Este buscador permite a procura de guías docentes da Universidade da Coruña que están públicas.
Permite filtrar por ano académico, centro, plan de estudos, curso e materia.
Non, non é necesario comunicar estes cambios nin se poden modificar manualmente. O apartado de identificación e información da guía docente (onde figuran o profesorado asignado, as coordinacións, os idiomas, os créditos ECTS, etc.) actualízase de forma totalmente automática a partir dos datos introducidos nos módulos correspondentes en SIGMA.
Ten acceso para editar e enviar a guía todo o profesorado que figure con docencia asignada no Plan de Organización Docente (POD) dunha materia, incluíndo á persoa coordinadora da mesma. Todos os membros do equipo docente da materia comparten os mesmos permisos de edición e xestión.
Réxime xeral: Obrigatoriamente en galego e castelán.
Materias en inglés ou English Friendly: Obrigatoriamente en galego, castelán e inglés.
Nota importante: A versión en galego considérase o contido de referencia e prevalecerá ante calquera ambigüidade ou incoherencia entre as linguas.
Con carácter xeral, non se deben modificar. Con todo, de forma excepcional fóra do período ordinario, admítense cambios a través dun procedemento extraordinario sempre que se xustifiquen, se eviten prexuízos ao estudantado e se respecten as súas expectativas lexítimas.
Si, é obrigatorio. A guía debe incluír un subapartado que especifique claramente os usos permitidos, limitados ou prohibidos dos sistemas de IA por parte do estudantado na materia, así como os requisitos de citación e declaración de uso se fose procedente.