Traballamos para fomentar o uso da lingua galega nos distintos ámbitos da vida universitaria. Proporcionamos recursos e apoio técnico para ampliar os usos e mellorar a calidade da lingua. Prestamos asesoramento lingüístico, organizamos cursos e distintas actividades de dinamización en colaboración coas comisións de normalización lingüística dos centros. Ofrecémoslle axudas económicas ao alumnado que redacta os seus traballos de investigación en lingua galega.