O Plan de Acción Titorial da Universidade da Coruña (PAT) ten como principal obxectivo asistir e orientar o estudantado no seu proceso de aprendizaxe, na súa transición de cara ao mundo laboral e no seu desenvolvemento profesional. O PAT é unha titoría continuada no tempo que ten moita importancia no primeiro curso académico, pero que permanece durante todo o periodo de estudo universitario. Lembra que en cada centro hai un coordinador/a de PAT ao/á que podes acudir sempre que o precises , así como un titor ou titora (e en moitos centros un/unha compañeiro/a mentor/a) que che orientará e axudará de xeito individualizado no teu proceso de adaptación á comunidade universitaria e en calquera cuestión máis aló do puramente académico que poidas necesitar nesta etapa tan importante da túa vida. Lembra, somos comunidade!