— 161—
incide tamén na idea demellorar a calidade e canti-
dade damobilidade da nosa comunidade universita-
ria. En 2013 preparáronse, avaláronse e solicitáronse,
a través da Vicerreitoría deRelacións Internacionais e
Cooperación, numerosos programas especiais.
A Universidade da Coruña participa desde este ano
noprogramaErasmusMundus TEMPO, que seestá a
desenvolverporunconsorciode21Universidades (10
pertencentes áUEe11 apaíses deEuropado Leste).
Coordínao a Universidade Técnica de Lisboa (Portu-
gal) conxuntamente coa Donetsk National Technical
University (Ucrania). O seu obxectivo é promover o
intercambio de coñecemento transeuropeo entre as
distintas institucións de educación superior da UE e
as dos terceiros países incluídos nas distintas áreas
de coñecemento relacionadas con desenvolvemento
sustentable. A UDC participa en Química, Bioloxía,
EnxeñeríaCivil, Administración de Empresas (persoal
e estudantes) e Filoloxía Inglesa (só estudantes). Ta-
mén seofertanbolsas para PDI ePAS.
Mobilidade internacional
A UDC continúa coas convocatorias xerais de mobi-
lidade e de internacionalización, tal como se reflicte
nos cadros deste capítulo. Convocáronse e resolvé-
ronse bolsas Erasmus e demobilidade bilateral para
estudantes, bolsas Erasmus Prácticas, bolsas propias
de mobilidade para alumnado iberoamericanos de
mestrado, axudas á internacionalización para PDI
e Erasmus STA e STT de profesorado e PAS. Coma
noutras edicións, participamos na convocatoria de
bolsas Santander Grao e Fórmula Santander e da
Fundación Carolina de doutoramento e posgrao. En
todas as modalidades de mobilidade internacional
melloráronse as taxas do curso anterior.
Coas axudas á internacionalización estase a facilitar
a extensión e/ou consolidación de redes de colabo-
ración internacional xa existentes. Fináncianse tanto
desprazamentos de PDI a universidades ou institu-
cións estranxeiras como a acollida de persoal de uni-
versidades socias ou futuras socias daUDC. Apartici-
pacióndaUDCenprogramas internacionaisespeciais
10
Relacións internacionais e cooperación
Promoción e convenios internacionais
A promoción da UDC no eido internacional inclúe a
sinaturadeconvenioseaasistenciaa feiraseeventos.
En 2013 ampliouse e renovouse a oferta de conve-
nios do programa Erasmus, con máis destinos para
alumnos e profesores no progama LLP e tamén con
programas Erasmus intensivos (IP). Tamén se ampliou
o número de convenios marco e outros como os
que permiten as dobres titulacións ou o asinado coa
School ofArchitectureofHarbin Instituteof Technolo-
gy (China) para desenvolver programas demobilida-
de coaEscoladeArquitectura.
A internacionalización da UDC esixe estar presen-
te feiras, workshops e eventos internacionais de
universidades. Feiras de posgrao (Puebla, León e
Monterrey, México, outubro 2013) e eventos como
NAFSA (San Louis, USA, maio 2013) e EAIE (Istam-
bul, Turquía, setembro 2013) foron os foros onde
participamos xa como UDC, xa dentro do consor-
cio Universities of Galicia, promocionando a UDC e
facendo relacións institucionais de proveito para os
nosos investigadores, profesores e alumnos.