Considerase unha liña de investigación:
- o conxunto de coñecementos, produtos, proxectos ou servizos construídos de forma sistemática arredor dun eixe temático en que conflúen as actividades desenvolvidas por un ou varios grupos de investigación;
- os proxectos estratéxicos postos en marcha polas vicerreitorías, os centros de investigación, os campus de especialización ou os institutos de investigación da UDC;
- os convenios de apoio a I+D+I orientados ao desenvolvemento e a xestión da investigación ou innovación.
En cumprimento do art. 4 do Regulamento de contratación de persoal laboral no capítulo VI para proxectos, axudas e convenios de investigación e transferencia de coñecemento publícanse as liñas de investigación ou liñas estratéxicas xunto cos proxectos que estarían adscritos a cada liña