Bonos Fitness

- BONO FITNESS poderán inscribirse todos os membros da Comunidade Universitaria que teña o Abono Deporte ou a Matrícula deportiva (no caso do Público en Xeral).

- TOTAL FITNESS, só poderán inscribirse os membros da Comunidade Universitaria que teñan o Abono Deporte.

Os/as usuarios/as que teñan feita unha inscrición no primeiro cuadrimestre, terán preferencia para a reserva da praza que ocupan no segundo cuadrimestre, abríndose para eles/as un periodo de renovación anterior ao prazo de inscrición do segundo cuadrimestre.

Poderás inscribirte ao longo de todo curso académico.

Os membros da Comunidade Universitaria poderán inscribirse a partir do 9 de setembro e os Non Universitarios (Público en Xeral) poderán facelo a partir do 16 de setembro.

A Área de Deportes resérvase o dereito de suspender algunha actividade de non se alcanzar unha participación mínima ao rematar o prazo aberto de inscrición para a Comunidade Universitaria. Cómpre consultalo no momento da inscrición.

 

Bono Fitness

Inclúe todas estas actividades: Global Training System (GTS), Unibike, Gap, Hiit Fit e Dance Fitness.

De luns a xoves das 18:30 ás 21:45 horas

Global Training System: luns e mércores das 19:30 ás 20:15 h

Unibike: luns e mércores das 21:00 ás 21:45h

Gap: luns e mércores das 20:15 ás 21:00 h

HIIT Fit: martes e xoves das 18:30 ás 19:30h

Dance fitness: martes e xoves das 19:30ás 20:15h

 

Comunidade Universitaria: 90 € ano / 60 € cuadrimestre

Público en xeral: 145 € ano/ 90 € cuadrimestre

Inscricións

  

Total fitness (só para membros da Comunidade Universitaria)

Sala fitness + Bono Fitness

Terás acceso á Sala Fitness durante todo o curso acedémico e máis a todas as actividades incluidas no Bono Fitness

Comunidade Universitaria: 135€ ano / 80€ cuadrimestre

Inscricións

 

Definición de actividades dirixidas (non están todas incluídas nos bonos fitness)