Data: Sábado 8 de xuño ás 20:00 h
Lugar: Pazo da Ópera
Para solicitar as invitacións haberá que facer a solicitude cubrindo este formulario
Prazo de solicitude:
Enviarase o 30 de maio un correo á listaxe de alumnado indicando a publicación da nova na páxina web da UDC, onde estará dispoñible un formulario dende o momento en que o alumnado reciba o correo, até o sábado 1 de xuño ás 14:00 h.
Logo de recibir o número de solicitudes suficiente que permita a creación dunha listaxe de agarda, o formulario pechará e non admitirá máis inscricións.
Recollida:
As persoas que teñan dereito a entrada recibirán un correo electrónico no que se lles confirmará que poden recollelas nos días e horarios indicados. As persoas en listaxe de agarda recibirán un correo indicándollo. As persoas que non reciban correo é porque non teñen dereito a entrada.
As entradas na Coruña recolleranse os días 4 e 5 de xuño en quenda de mañá de 12:00 h. a 14:00 h. e en quenda de tarde de 16:00 a 18:00 h. en NORMAL Espazo de Intervención Cultural da UDC, no Campus de Riazor.
As entradas en Ferrol recolleranse os días 6 e 7 de maio na oficina da Área de Cultura do Centro Cultural Universitario, no Campus de Esteiro, de 11:30 h a 14:00 h.
Condicións:
Cada persoa poderá presentar unha solicitude e terá dereito a retirar até dúas localidades.
A adxudicación estará suxeita á orde de solicitude das entradas dispoñibles.
A solicitude de entrada deberá facerse introducindo no formulario o correo electrónico con dominio UDC que se facilita ao alumnado.
Non serán aceptadas solicitudes con correos que non leven o dominio udc.es ou udc.gal
Só poderá acceder ás entradas o alumnado que estea matriculado no curso 2023/2024; quedan excluídas destas entregas todas as persoas que teñan unha relación contractual ou estatutaria coa UDC.
Só a persoa adxudicataria poderá retirar as invitacións e para recollelas terá que presentar DNI ou pasaporte. Poderá retirar as entradas unha terceira persoa sempre e cando presente fotografía ou copia do DNI ou pasaporte da persoa que teña dereito a entradas.
As persoas que non comuniquen no enderezo cultura.coruna@udc.es, a renuncia ás entradas concedidas ou a imposibilidade de recollelas, non poderán participar nos futuros outorgamentos na presente temporada.
Concertos da OSG da temporada 2023/2024
