Xornada sobre Accesibilidade Cognitiva "Pienso luego soy"

A Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña organiza esta Xornada co obxectivo de visibilizar e sensibilizar á comunidade universitaria, así como á poboación en xeral, sobre importancia da accesibilidade cognitiva. Nun día como o Día internacional das persoas con discapacidade, que este ano coincide coa celebración das xornadas, é fundamental lembrar que a pesares de que a concepción sobre a diversidade funcional cambiou moito, sobre todo no referinte aos apoios precisos e ao concepto de capacidades distintas frente ao de dis-capacidades, no referinte á discapacidade intelectual existe camiño por percorrer tanto  nos estereotipos como na autonomía deste colectivo. Sobre todo porque non sempre as vías lexislativas e sociais van ao mesmo ritmo. Aínda que na lexislación a discapacidade parece protexida e empoderada, a realidade social é outra e a universitaria e laboral aínda ten moitas barreiras que superar ata chegar á plena inclusión e a normalización dos procesos de incorporación laboral.

A universidade reflicte esta realidade, se ben só o 15,1% de persoas con discapacidade conta con estudos superiores (ODISMET, 2017:68) imaxinemos un momento cal sería esta porcentaxe se nos referimos ás persoas con discapacidade intelectual. É case inexistente, de feito cando unha persona deste colectivo consegue unha titulación universitaria, de seguido é protagonista nos medios. Este mesmo informe recolle outro dato moi esclarecedor, o 28,5% de persoas con discapacidade que no posúen estudos de ningún tipo, teñen discapacidade intelectual.

E esta é a realidad que nos atopamos a diario, por iso queremos adicar este día a facer fincapé na necesidade de aplicar a accesibilidade cognitiva en todos os ámbitos da nosa sociedade. Unha sociedade de todos/as para todos/as.

DATAS: Martes 3 de decembro de 2019

HORARIO: De 9:00 h a 20:00 h

LUGAR: Sesión de mañá - Salón de actos da Facultade de Economía e Empresa. Campus de  Elviña (A Coruña) / Sesión de tarde - Aulas da mesma facultade

PROGRAMA DAS XORNADAS: Podedes descargar o programa neste enlace: "Penso logo Son"

CUSTO: A Xornada é de balde, mais este ano temos un acordo coa Cociña Económica e pedímosvos que aportedes un kilogramo ou un litro dos seguintes productos: aceite de xirasol, garbanzos, lentellas, fabas, sal, cafe molido natual e/ou azucre. Recolleremos os produtos na porta das xornadas, agradecemos de antemás a vosa aportación.

CERTIFICACIÓN: Ao remate da xornada emitiráse unha certificación de participación nas mesmas. Para o alumnado da UDC, segundo a Resolución Reitoral do 16/10/2017 (consultar nesta ligazón), recoñeceráse un crédito en graos da UDC. Para o PDI da UDC a xornada será incluída na formación do CUFIE.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN: Aberto dende o 26 ata o 2 de decembro do 2019