Cátedra SXD Galicia Activa

Con data de 11 de setembro do 2018 a Universidade da Coruña e a Fundación Deporte Galego (Secretaría Xeral para o Deporte, Xunta de Galicia) asinaron un convenio de colaboración para a creación e regulamentación da Cátedra SXD Galicia Activa.

O obxecto do convenio é a regulación da colaboración estable entre a Universidade da Coruña e a Fundación Deporte Galego co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, mediante a creación da devandita Cátedra

Como obxectivos estratéxicos da Cátedra destacan os seguintes:

  • Favorecer a divulgación dos beneficios da adopción de estilos de vida fisicamente activos entre a poboación galega
  • Contribuír á formación de profesionais cualificados para incrementar os estilos de vida fisicamente activos.
  • Fomentar a investigación e transmisión de coñecementos en materia de actividade e exercicio físico como instrumento para a prevención das enfermidades crónicas non transmisibles e dos seus factores de risco.
  • Asesorar na implementación, seguimento e avaliación das medidas do Plan Galicia Saudable (PGS) e no establecemento de prioridades de intervención.
  • Desenvolver tarefas de investigación relacionadas coas medidas do PGS e de observación das conductas sobre actividade física e sedentarismo da poboación galega.


Contacto

Eliseo Iglesias Soler
eliseo.iglesias.soler@udc.es