Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVIGO (Interuniversitaria)

A Cátedra R en Ciberseguridade nace co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades dos membros da comunidade universitaria ou outros profesionais para adaptalos ás necesidades da empresa, fomentar a formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade.

Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as liñas de actuación estratéxicas da Cátedra R en Ciberseguridade son:

  • A colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Máster lnteruniversitario (UVIGO-UDC) en Ciberseguridade (www.munics.es).
  • A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia de alumnado das Universidades de Vigo e A Coruña.
  • 0 impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.
  • A promoción de actuacións que estimulen a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria e profesionais alleos a ela, atendendo as necesidades competitivas da empresa.


Contacto

José Carlos Dafonte Vázquez, carlos.dafonte@udc.es
Francisco Javier Nóvoa Manuel, francisco.javier.novoa@udc.es