Cátedra Handytronic - Grupo Telecon

Handytronic-Telecon


A Cátedra Handytronic- Grupo Telecon, adscrita á Facultade de Informática colaborará na docencia e investigación, a transferencia de coñecemento e a empregabilidade dos estudantes.

Os obxectivos estratéxicos da nova cátedra son a colaboración na docencia na Facultade de Informática da UDC e, de xeito especial, no Mestrado de Bioinformática para Ciencias da Saúde; o desenvolvemento de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora, e a promoción de actuacións que estimulen o talento dos estudantes e faciliten a súa incorporación ao mundo laboral.

A través da cátedra, a UDC e Grupo Telecon realizarán conxuntamente actividades e proxectos nos ámbitos da investigación, a transferencia de coñecemento, a formación e a divulgación. Está previsto o desenvolvemento de liñas de investigación conxunta; a cooperación para lograr proxectos de investigación no ámbito galego, español e europeo; a promoción de encontros e redes nacionais e internacionais de expertos; a colaboración en mestrados e outros estudos de posgrao; o deseño e impartición de programas de formación permanente; o patrocinio de bolsas predoutorais e posdoutorais, e a formación para a creación de empresas de base tecnolóxica ou para a explotación de resultados de investigación, entre outras iniciativas. Grupo Telecon achegará a dotación económica necesaria para o funcionamento da cátedra.