Cátedra Cosme Álvarez del Río

O obxecto da Cátedra Cosme Álvarez del Rio (financiada por NAVANTIA) é a regulación da colaboración estable entre a Universidade da Coruña e Navantia co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral.

Como obxectivos estratéxicos da Cátedra destacan:

  • Estimular a investigación e a transferencia no ámbito da Enxeñería Naval e Industrial entre ambas institucións.
  • Colaborar no deseño e impartición de programas de formación permanente no ámbito da Enxeñería.
  • Promover as prácticas curriculares e extracurriculares entre a UDC e Navantia.
  • Organizar foros de encontro entre Universidade e Navantia que permitan o intercambio de coñecemento, experiencias e inquietudes, con especial interés no ámbito do Campus Industrial.

Ademais das actividades de formación, difusión e transferencia do coñecemento e de I+D+i a Cátedra Navantia impulsará actividades especialmente orientadas ao campo da enxeñaría naval e oceánica.

Contacto

Directora: Ana Álvarez García