Teses doutorais. Onde buscalas

Con case 2.000 teses  a texto completo, o RUC (Repositorio da Universidade da Coruña) é a principal fonte para coñecer as teses publicadas pola institución nos últimos 10 anos.

https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/4775

 

Teseo é unha base de datos referencial mantida polo Ministerio de Universidades que rexistra todas as teses publicadas polas universidades españolas dende 1976.

Como é unha base de datos referencial, é dicir, sen acceso ao texto completo, só poderás consultar os  metadatos do traballo (título, aut@r, director@s, resumo, universidade e departamento, tribunal, etc.).

https://www.educacion.gob.es/teseo/irGestionarConsulta.do

A interface é moi mellorable.

RECOLECTA naceu no ano 2007 fruto da colaboración entre a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e a Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN) da CRUE.

https://recolecta.fecyt.es/

Trátase dunha biblioteca dixital que reúne todos os traballos publicados nos distintos repositorios institucionais das universidades españolas (poderás atopar artigos, conferencias, TFGs, TFMs, teses doutorais, etc.).

Como dende 2013 é obrigatorio no noso país subir ao repositorio institucional as teses, podemos afirmar que Recolecta indexa (a texto completo) todas as teses leídas nos últimos 10 anos en España (salvo aquelas que por razóns de privacidade, seguridade nacional, etc., permitiuse que non foran publicadas).

Para iso só hai que realizar unha busca e posteriormente, na páxina de resultados, filtrar por tipo de documento > teses doutorais.

 

Base de datos de suscripción, afirma ser a base de datos comercial máis completa do mundo sobre teses doutorias e de mestrado.

Para acceder a ela tes que ir á páxina de bases de datos da Biblioteca da UDC: https://www.udc.es/es/biblioteca/recursos_informacion/bases_de_datos/index.html e buscar na listaxe pola letra "P". Se queres acceder dende fora da universidade preme antes na parte superior da mesma páxina en "Acceso dende fora do campus".

Recompila millóns de rexistros de teses desde 1861 ata a actualidade. Tamén ofrece máis dun millón de teses a texto completo. Outros 2,1 millóns de teses son accesibles por compra en edición impresa. A base de datos ofrece o texto completo da maior parte das teses posteriores a 1997. Ademais de tese de EEUU, tamén ofrece teses de Reino Unido e Irlanda. Engádense 70.000 novas teses cada ano.

A partir de 1980, cada tese inclúe un resumo de 350 palabras escritos polo autor. Desde 1988 os resumos son de 150 palabras. Rexistros simples (sen resumo) están presentes na base de datos con carácter retrospectivo, sendo o máis antigo de 1637 (aínda que se supón que só a partir de 1861 a recompilación é máis ou menos sistemática). Cando é posible, PQDTGlobal ofrecen unha lectura previa das primeiras 24 páxinas da tese.

Con máis de 300 millóns de traballos científicos recopilados, é un dos principais buscadores científicos gratuitos do mundo, xunto co propio Google Scholar.

https://www.base-search.net/

Proxecto da Bielefeld University Library, indexa a maior parte dos repositorios e revistas en aberto (open access) do mundo. Segundo a súa páxina web, "estamos indexando los metadatos de todo tipo de recursos académicamente relevantes -revistas, repositorios institucionales, colecciones digitales, etc. - que proporcionen una interfaz OAI y utilicen (o protocolo) OAI-PMH para proporcionar sus contenidos".

O interesante de BASE respecto a Google Scholar é que permite filtrar os traballos polo tipo de documento dende a páxina de resultados e, por tanto, restrinxir a busca ás teses doutorais en acceso aberto.