(c) Statue of Alan Turing (Stephen Kettle, 2007). Photografy: James O'Gorman (CC BY-SA 2.0)
Catálogo de servizos 2025
A biblioteca neste ano ofrece os seguintes servizos ao seu persoal investigador:
Asesoría e recollida de indicadores bibliométricos nos procesos de sexenios e acreditacións da ANECA.
Informes de revistas. Axudámoste a seleccionar a revista onde publicar o teu traballo, para o que recollemos información ata por 10 criterios diferentes. Aquí tes un exemplo.
Depósito delegado no RUC e Zenodo. Envíanos as túas últimas publicacións para cumprir coa Lei da Ciencia e cumprir cos mandatos do noso país e de Europa. Usa o noso formulario.
Asesoría en copyright e dereitos de autor.
Axudámoste a manter os teus perfís de autoría actualizados (ORCID, WoS ResearcherID, Scopus Author ID).