ORCID é unha organización sen ánimo de lucro que ofrece un sistema para a identificación inequívoca dos investigadores (baseada nun identificador e perfil) ademáis dun método transparente para vincular as actividades de investigación. Actualmente (setempbro 2015) máis de 1,5 millóns de investigadores en todo o mundo xa teñen un código ORCID, que se está a postular coma o novo DNI dixital dos científicos.
ORCID asigna identificadores enlazables (URLs persistentes) a partir dun número de 16 díxitos lexible por máquina (cumple co estándar ISO 27729:2012). Na plataforma pódense identificar autores, editores, axencias de financiación, etc.
Ademáis do código identificador, ORCID facilita unha páxina web (perfil) a todos os investigadores rexistrados onde o autor pode ir engadindo pouco a pouco información sobre a súa actividade profesional, investigadora, formación, principais liñas de investigación, enlazar as súas páxinas web, etc. Aquí podedes conxultar un exemplo de rexistro ORCID.
Calquera autor pode crear unha conta dende a páxina de ORCID, de forma libre e gratuíta e conseguir en menos dun minuto o seu identificador. De todas maneira, animámosvos a encher o voso perfil co máximo cuidado e detalle posible.
Ademáis desta vía, existe a posibilidade de xerar de forma automatizada estes códigos ORCID para todo o PDI dunha universidade cando ista é un membro premium (previo pago dunha cuota anual). Algúns casos en España destacables son as universidades catalanas, andaluzas ou a Carlos III.
Dende a Biblioteca ofrecemos un servizo de asesoría personalizado: axuda para a creación de rexistros, sincronización con outros identificadores, etc.
Contacta coa Biblioteca.
Ext: 5001, 5020.
biblioteca.etsac@udc.es
ORCID: un sistema global para la identificación de investigadores
Consol García-Gómez
Univesidad de Cantabria
Cómo completar mi registro ORCID
Universidad de Málaga
Ten things you need to know about ORCID right now
Impactstory
Persistent, Global Identity for Scientists via ORCID
Evrard A.E. et al.
Importar nuestra producción científica desde Dialnet a ORCID mediante fichero BibTex
Biblioteca da Universidade de Cádiz
Cómo sincronizar ResearcherID con ORCID
Biblioteca da ETSA
Importación de información bibliográfica desde Scopus al registro ORCID
Biblioteca da Universidade Pablo Olavide