Normalización da firma e filiación institucional

Normalización da sinatura

A sinatura é unha parte moi importante dunha publicación xa que outorga a unha persoa ou grupo de persoas a autoría intelectual.
A falta de normalización dos nomes dos investigadores e dos seus centros nas publicacions científicas e nas principais bases de datos fai que:

  •   Disminúa a sua visibilidade a nivel nacional e internacional.
  •   Dificulta a recuperación das publicacions e das citas recibidas.

 

¿Por qué normalizar?

Unha firma normalizada identifica e distingue doutros investigadores. Polo tanto, é conveniente asinar sempre do mesmo xeito e ademáis rexistrarse como autor para evitar confusións e garantir que os traballos de cada autor estean perfectamente asinados.
Existen dous documentos elaborados pola Universidade da Coruña Normas da UDC   (Instrución de setembro de 2016) das que podemos destacar o seguinte:

  • É obrigatorio utilizar ao comezo da firma institucional a forma "Universidade da Coruña", en galego e sen abreviaturas. E dicir, a versión en castelán non se recomenda en ningún caso.
  • Complementariamente, e se fora necesario, poderá referenciarse "adicionalmente" a forma en inglés, "University of A Coruña".
  • Os grupos de investigación, departamentos, escolas, facultades, etc., poden aparecer opcionalmente coma elementos secundarios. Neste caso podense utilizar tanto a forma galega como a forma en castelán, inglés, abreviaturas, etc.
  • En relación ao enderezo, hay que poñer ao menos o código postal, a cidade e o país (este último ben en español ou en inglés). Recoméndase coma máis sinxelo indicar tamén o centro e a zona do campus ao que corresponde (Elviña, Zapateira, Oza, Bastiagueiro, Riazor, Esteiro, Serantes).
  • No caso de filiación múltiple recoméndase "realizar varias firmas e rexistrar por separado cada unha delas, garantindo que a Universidade da Coruña está incluida".

Modelo tipo:

Datos do autor:
Nome do autor * (obrigatorio)
ORCID ** (recomendado)

Filiación institucional:
Nome da institución: Universidade da Coruña (obrigatorio)
Nome do grupo de investigación, departamento, instituto ou centro (opcional)
Dirección, código postal, cidade e país (obrigatorio)

 

 

¿Qué pode facer a Biblioteca por tí?

Dende a Biblioteca ofrecemos un servizo de asesoría personalizado: podemos axudarte a elixir a sinatura maís axeitada, desenvolver unha firma institucional, etc. Ademáis, para o caso que se escolla mudar a firma persoal, e importante poñerse en contacto con nós para que tramitemos o cambio desta non só no RUC e no catálogo, senón tamén no rexistro da Biblioteca Nacional.

Contacta coa Biblioteca.

Ext: 5001, 5020.

biblioteca.etsac@udc.es



 

 

 Recomendacións FECyT

Para nomes de autor e para as filiacións institucionais

 

 Normas da UDC

Para a fililiación institucional

 

Normalización da sinatura

Biblioteca da Universidade de Sevilla