A estratexia que aquí presentamos xira arredor de tres eixes ou obxectivos:
Unha correcta identificación no mundo académico pasa hoxe en día pola elección dunha "firma normalizada", pola asignación homoxenea da filiación institucional e polo uso dun identificador persistente coma ORCID.
O uso dunha "firma normalizada" é fundamental sobre todo no caso de publicar traballos en revistas internacionais, pero tamén para autores con apelidos comúns. Por outra banda, encher correctamente o campo de filiación institucional (para a UDC sempre será na lingua galega coa forma "Universidade da Coruña"), non só facilita a identificación persoal senón promove unha mellor avaliación institucional da nosa universidade coa consabida subida nos rankings e obtención de fondos.
Rexistrarse en ORCID e incorporar o seu identificador (DNI dos investigadores) na firma habitual ademáis de no currículo, páxinas web, etc., garantiza unha identificación unívoca e universal. O uso deste identificador será cada vez máis necesario para a interacción con plataformas de avaliación, bases de datos, repositorios institucionais, etc.
Para incrementar a visibilidade tanto persoal como da nosa produción temos unha serie de ferramentas na nosa man realmente adecuadas e eficaces.
A nivel español temos a base de datos Dialnet na que coa colaboración da Biblioteca podedes incorporar toda a vosa produción científica (artigos, libros, capítulos de libro, ponencias, teses derixidas, etc.), coa excepción dos artígos publicados en revistas non hispanoamericanas. Esta base de datos ofrece unha páxina de autor onde de forma automática xenérase o código identificador Dialnet ID. Ademáis, Dialnet é indexada por Google e Google Scholar, logrando desta maneira o autor unha visibilidade internacional dos seus traballos. Un exemplo
Mentres que Dialnet é unha base de datos principalmente referencial, o Repositorio Institucional da UDC (RUC), non só facilita a presenza das obras en Google e Google Scholar, senón que permite a indexación do texto completo das publicacións, o que promove un mellor posicionamento nos resultados das búsquedas (visibilidade) e por tanto o seu potencial impacto (citas recibidas).
Grazas a Google Scholar Citation (GSC) un autor pode crear un perfil no que agrupar todas as publicacións incluidas no buscador científico. GS é unha das fontes máis consultadas polos académicos polo que unha presenza normalizada facilita a correcta difusión dos traballos do investigador. Un exemplo.
Un exemplo:
Outras ferramentas que poden axudar a incrementar a nosa visibilidade son as redes científicas do tipo ResearchGate ou Academia.edu.
A transparencia e rendeción de contas son criterios cada vez máis esixidos pola sociedade. Xa que o investigador é avaliado constantemente (polas institucións, gobernos, axencias de finanzamento, etc.), éste debe procurar estratexias que maximicen o impacto da súa produción. As principais son:
ResearcherID: identificador e perfil de autor creado por Thompson, é a principal ferramenta de normalización das bases de datos de WoS. Facilita a recuperación de todas as publicacións do autor dentro da plataforma WoS así como o acceso aos seus principais indicadores de impacto (nº de citas, índice h).
Scopus Author ID: ferramenta que facilita o control da autoría en Scopus. A súa correcta configuración facilita o rastrexo de todas as citas recibidas polo autor e o acceso aos seus indicadores de impacto (nº de citas, índice h).
Finalmente, Google Scholar Citation permite coñecer todas as citas recibidas dentro do buscador, así coma calcular o índice h e o i10 do autor.