Avery

 

Avery é a base de datos referencial para a nosa área xa que indexa arredor de 800.000 artigos das principais revistas internacionais, principalmente na disciplina de Arquitectura do Deseño, pero tamén noutras áreas como historia da Arquitectura, Urbanismo, Paisaxismo... (En cambio, Avery non cubre a área máis enxeñeira da Arquitectura: estructuras, materiais, etc.)  Unha boa parte do contido de Avery ten carácter exclusivo xa que os grandes buscadores coma Google (ou Google Académico) non indexan os fondos destas revistas. De ahí o seu principal valor.

Nesta páxina imos poñer guías e recursos para facilitar o uso desta ferramenta. Así o primeiro paso que damos é a elaboración dunha guía básica de uso en galego, xa que toda a información referente á base de datos está actualmente accesible en inglés.

Acceso

Dende os ordenadores da Universidade ou a través da Wifi institucional podedes consultar Avery directamente premendo aquí.

Dende casa, primeiro tedes que autenticarvos dende a páxina da Biblioteca Xeral da Universidade, https://www.udc.gal/biblioteca/recursos_informacion/acceso_fora_udc/index.html. Unha vez autenticados, abrirase automáticamente de novo a páxina da Biblioteca Xeral. Dende ela só teredes que premer en "Bases de datos" / Avery.

Guía básica de uso

 Guía básica de uso de Avery