Lémbrase a obrigatoriedade de pasar as revisións intermedias antes das datas marcadas. Unha vez pasada a revisión haberá que comunicarllo ao profesor coordinador da materia por correo electrónico.
As propostas de novos proxectos deben presentarse ao profesor coordinador por correo electrónico, indicando na mensaxe a titulación na que está matriculado/a o/a estudante, así como o seu nome e apelidos completos. Achegarase adxunta a folla de proposta, que ubicará a zona en que se desenvolverá o proxecto e incluirá unha descrición das necesidades existentes, ademais das ideas iniciais coas posibles solucións.
COORDINADORES:
Empregarase esta folla de proposta: gallego.doc, castellano.doc
A/o estudante comprobará que a súa idea non se realizou anteriormente, ou estea en redacción, nas seguintes listaxes:
Para acudir a unha titoría é preciso solicitar cita previa, por correo electrónico ou teléfono, xa que os horarios poden ser modificados sen aviso previo.
Para as entregas parciais (revisión de planos e estudo de alternativas), pode solicitarse o código de impresión do PFC da escola, https://caminos.udc.es/hosting/web/index.php/solicitudes/, a través de Axuda TIC.