Os procesos de implantación e acreditación dos programas formativos no EEES, esixen establecer sistemas de garantía de calidade, destinados a analizar o desenvolvemento e os resultados destes programas.
As institucións deben comprometerse de maneira explícita na creación e no desenvolvemento dun sistema de garantía de calidade e establecer formalmente unha política e uns procedementos asociados para implantar estratexias de mellora. O sistema ten como obxectivo garantir a calidade continua dos estudos oficiais de ensinanzas universitarias, tendo en conta os outros criterios do modelo para a revisión e mellora.
O sistema de garantía de calidade inclúe unha proposta de indicadores, evidencias ou indicios e procedementos de recollida de información, incorpora estándares e permite mostrar as tendencias no cumprimento dos obxectivos do plan de estudos. Permite analizar as desviacións do planificado e as áreas susceptibles de mellora e fai posible definir e implantar propostas para a mellora continua do plan de estudos.
Os indicadores que se inclúen non son máis que unha proposta que haberá que definir e analizar. Neste momento, estase na fase de discusión para seleccionar os máis axeitados segundo o momento actual de adaptación ó Espazo Europeo de Educación Superior.
O documento é flexible e susceptible de ser modificado e adaptado ás novas condicións legais no momento da súa implantación.
O sistema de garantía de calidade está referido á revisión da mellora dos restantes criterios do modelo: