Obxectivos:
- Promove-la formación de diversas persoas para dirixir asociacións ou institucións sen ánimo de lucro.
- Xerar, a través desta acción formativa, que as persoas ó fronte de determinadas asociacións/institucións estean preparadas para obter unha maior calidade de servicios, dirección, xestión de recursos, relacións persoais, etc.
- Potenciar un coñecemento de experiencias de asociacións con calidade doutros territorios e/ou localidades.
- Ensinar ós asistentes a acceder de forma máis áxil ás posibilidades de financiación e as fontes de información de subvencións.
- Desenvolver estratexias que faciliten a coordinación e resolución de conflictos entre os diferentes sectores e persoas da organización que están implicadas de forma indirecta no proceso de xestión de subvencións.
Os obxectivos do seminario e a elaboración do programa responden á necesidade de desenrolar unha mellor xestión das subvencións en asociacións sen ánimo de lucro, para poder proporcionar servicios de calidade por parte da organización e incrementa-los niveis de iniciativa e satisfacción dos profesionais. Debido a que existe a necesidade en determinadas asociacións, de que os profesionais encargados destas tarefas traballen eficazmente, para alcanza-lo éxito.
Avance do programa: Neste seminario, se profundará nos coñecementos e habilidades que permitirán ós profesionais responsables da identificación e xestión de subvencións:
- Capacidade de organización e boa comunicación.
- Procedementos e guías de actuación que incrementen a competencia profesional.
- Estratexias de solución de problemas e toma de decisións.
- Calidade, transparencia e xestión nas asociacións.
Poñentes:
- Manoel Baña Casto, Director da Unidade Clínico Asistencial de TEAS/TXDS.
- Jesús Miguel Muñoz Cantero, Director da Unidade de Calidade da Universidade de A Coruña.
- Soledad Agra Tuñas. Psicóloga. Servicio da Muller do Concello de Muxía. Especialista en Terapia Familiar Sistémica.
- Fernando Teixido Castro. Psicólogo Especialista en Programas de Estimulación con Nenos/as con Discapacidade do Reino Unido.
- Maryluz Fernández Álvarez. Psicopedagoga. Servicio de Atención de AGADI e DISMACOR. Experta en Atención de Calidade e Integración en Autismo.
- Manuel García Nieto, Presidente de DISMACOR.
- Aurora Cabaleiro Sanmartín, Presidenta de APNED.
- Teresa Pérez Santamaría, Secretaria de APNED.
Obxectivos:
- Levar a cabo unha atención ambulatoria de calidade, para paliar deficiencias derivadas das malas prácticas. Aspectos básicos.
- Aprende-las diversas formas de Traballo individual co neno/a ou persoa con discapacidade, no propio domicilio ou ambiente, fixándonos sempre nos aspectos nos que presente maiores dificultades, atendendo ás demandas das familias.
- Ser capaces de realizar boas prácticas: como asesorar ós pais, como face-lo seguimento da evolución de maneira que sexa productivo, como debe se-la comunicación.
- Aprender a asesorar e elaborar programas e recursos, tanto familiares, como educativos, sociais…
- Proporcionar formación, información e búsqueda de recursos para as distintas persoas que convivan coa discapacidade.
- Ser capaces de lograr unha maior sensibilización e adecuación dos entornos sociais para as persoas con discapacidade.
Os obxectivos do curso e a elaboración do programa responden á necesidade de desenrolar unha mellor Atención Ambulatoria “á carta", baseada en colaboración, axuda e moi boa comunicación. Para poder proporcionar servicios de calidade por parte dos diversos profesionais, voluntarios e calquera persoa que conviva dalgún modo con algunha persoa con discapacidade, para lograr que ditas persoas leven a vida máis normalizada posible.
Avance do Programa:
- Pautas para prestar unha atención individualizada a domicilio, como debe se-lo trato, a comunicación, o traballo en equipo...
- A atención ás necesidades e demandas das persoa con TXDs así como tamén de as persoas do seu entorno, a nivel persoal, familiar, escolar e comunitario.
- Como cubrir as necesidades das persoas con TXDs, dotándolle dos medios, recursos, hábitos e habilidades necesarias para que leven unha vida de calidade, o máis normalizada posible.
- Cales son os medios (apoios) que se deben facilitar ás persoas que conviven con TXDs, para que poidan entendelos, comunicarse e establece-las relacións mais óptimas posibles.
- Como debe realizarse a coordinación entre os profesionais que realizan a atención ambulatoria, a familia e a escola, para logra-los resultados máis óptimos.
Poñentes:
- Manoel Baña Castro, Profesor da UDC, Director da Unidade Clínico Asistencial de TEAs e TXDs da UDC.S
- Soledad Agra Tuñas, Licenciada en Psicoloxía, Técnica Asesora do Servicio dá Muller do Concello de Muxía, A Coruña.
- Marta Rodriguez Corral, Licenciada en Psicopedagoxía, Profesora de aula TXDs, Técnica-Asesora de AGADI, A Coruña.
- Maryluz Fernández Álvarez, Licenciada en Psicopedagoxía, Técnica-Asesora de atención de DISMACOR, A Coruña.
- Ana Alonso Ben, Licenciada en Psicopedagoxía, Técnica-Asesora Atención da Asociación APNED, Mariña de Lugo.
- Lorena Fernández Docampo, Licenciada en Psicopedagoxía. Técnica-Asesora da Unidade Clínico Asistencial de TEAs e TXDs da UDC.
Obxectivos:
- Promove-la formación especializada de pais/nais en canto a proporcionar axudas e apoios a nenos/as con discapacidade.
- Xerar, a través desta acción formativa, persoas preparadas para obter unha maior calidade de servicios, dirección, xestión de recursos, relacións persoais, etc. Para as persoas con discapacidade e as súas familias
- Desenrolar axudas e apoios de calidade que redunden na boa comunicación, desenvolvemento e calidade de vida das persoas con discapacidade.
- Acceder de forma máis áxil ás posibilidades de financiación e as fontes de información de subvencións.
- Tomar decisións e resolver problemas dunha forma mais capaz e axeitada á problemática da discapacidade, servindo de apoio e formación ás persoas nóveles nestes menesteres así como facilitando as vías rápidas na solucións de conflictos persoais que alteran a convivencia coas persoas con discapacidade
Avance do Programa:
- Os servicios de calidade desde os pais/nais e familias para as persoas con discapacidade: Calidade de vida familiar e discapacidade.
- Os pais/nais expertos: a formación, o entrenamento e os apoios familiares na educación dos fillos con discapacidade.
- Os programas de entrenamento e apoio familiar na formación dos pais/nais e a atención a persoas con discapacidade.
- Os programas de especialización de pais/nais: un recurso de apoio na atención ás persoas con discapacidade.
- Formar pais/nais para atender a pais/nais: a necesidade de crear entornos familiares adecuados para a atención ás persoas con discapacidade e os servicios de e para pais/nais.
- O programa de pais/nais expertos en atención a persoas con discapacidade: a súa presentación na rede de Internet.
Poñentes:
- Manoel Baña Casto, Director da Unidade Clínico Asistencial de TEAS/TXDS. Universidade da Coruña.
- Soledad Agra Tuñas. Psicóloga dos Servicios Sociais do Concello de Muxía. Experta en Terapia Familiar.
- Fernando Teixido Infante. Psicólogo. Experto en Programas de Intervención Temprana en TGDs e TEAs.
- Mariluz Fernández Álvarez. Psicopedagoga de AGADI y DISMACOR.
Obxectivos:
- Diferenciar e recoñecer os diferentes trastornos xeralizados do desenvolvemento, e as dimensións e niveis dos que se compón o espectro autista.
- Relacionar o desenvolvemento normal co autismo e comprender qué aspectos do primeiro se alteran cualitativamente no segundo.
- Coñecer cal é o fin último do diagnóstico, utilidade.
- Describir e explicar as diferentes probas que se están utilizando actualmente para as valoracións.
- Xerar, a través desta acción formativa, persoas preparadas para obter unha maior calidade de servicios, coordinación e xestión de recursos, relacións persoais, etc. Para as persoas con discapacidade e as súas familias
- Ofrecer estratexias de manexo da “problemática” da discapacidade, servindo de apoio e formación á familia.
Avance do Programa:
- Os Modelos de Avaliación e Diagnostico. Tipos e Características. Avaliación unida á Intervención.
- Xenética e Neurobioloxía nas persoas con TEAs e TXDs.
- Definición de Trastornos do Espectro Autista. Concepto e Características dos Trastornos Xerais do Desenvolvemento segundo o DSM-V. Diagnóstico Diferencial nas persoas con TEAs e TXDs.
- Neuropsicoloxía e desenvolvemento, funcións do comportamento humano en persoas con TXDs.
- Os trastornos do Espectro Autista e os Xerais do Desenvolvemento. Diagnóstico Diferencial e a súa importancia de cara á elaboración dos programas de intervención educativa.
- O Proceso do Diagnóstico Psicopedagóxico, Criterios de calidade e a diferenciación nos TEAs e TXDs.
- Os programas de Atención Familiar e a Importancia dos Apoios na propia casa.
- A Atención Especializada en TEAs: a importancia da Calidade, a Coordinación de Programas e a busca de apoios para a Autonomía: aprender a vivir como persoas.
- Desenvolvemento e TXDs: Características e Funcións da Aprendizaxe para o Desenvolvemento.
- A Educación das persoas con TXDs e TEAs nas Aulas Ordinarias: hacia a Inclusión e o Traballo Conxunto.
Poñentes:
- Manoel Baña Castro. Director da Unidade Clínico-Asistencial de TEAs/TXDs. Doutor en psicoloxía. Universidade de A Coruña.
- Jose Luis Fernández García. Doutor en Medicina. Xefe de Sección, Laboratorio Xenética do Centro Oncolóxico de Galicia.
- Lorena Fernández Docampo. Licenciada en Psicopedagoxía Técnica da Unidade Clínico Asistencial de TEAs/TXDs. Universidade de A Coruña.
- Eduardo Barca Enríquez. Psicólogo y técnico de atención de AGADI.
- Soledad Agra Tuñas. Psicóloga do Servicio Da Muller do Concello de Muxía, A Coruña. Vicepresidenta e técnica-asesora de AGADI.
- Mary Luz Fernández Álvarez. Psicopedagoga. Servicio de Atención de AGADI e DISMACOR.
- Marta Rodríguez Corral, Licenciada en Psicopedagoxía, Profesora de aula TXDs, técnica-asesora de AGADI, A Coruña.
Obxectivos:
- Elaboración dun plan director de actuacións no campo da inserción social das persoas con diversidade funcional, o que sería o primeiro paso para lograr a creación dunha fundación.
- Nesta etapa, tentaremos crear un proxecto de vida compartido por todas as familias que conflúan no interese manifesto do seminario.
- Inclusión dos plantexamentos teóricos na práctica diaria das familias e profesionais que conviven con persoas con diversidade funcional partindo da súa reflexión.
- Descrición de experiencias existentes na actualidade no contexto Español coa finalidade de lograr a inserción social das persoas con diversidade funcional.
- Xerar, a través desta acción formativa e de reflexión, persoas preparadas para traballar co obxectivo do logro dunha maior calidade de vida das persoas afectadas e das súas familias, maior coordinación e xestión de recursos, máis e mellores relacións persoais, etc.
- Conseguir afianzar os primeiros pasos para que a vida cotiá estea encamiñada a conseguir a inserción social das persoas con diversidade funcional na nosa realidade actual.
Avance do Programa:
- “A oportunidade da autodeterminación a través de medidas laborais e de emprego na discapacidade intelectual”
- “O proceso de tránsito á vida adulta das persoas con diversidade funcional. Calidade de vida, independencia e autoxestión: experiencias e prácticas actuais”
- “A importancia do papel da familia no proceso de inserción social das persoas con diversidade funcional: autonomía e destrezas no fogar”.
- “A capacidade de dirixir a propia vida”
- “A etapa de tránsito á vida adulta dende as primeiras idades: o desenvolvemento de habilidades da vida persoal”
- “Creando un futuro de calidade ética e autoxestión”
- “Autoxestión e calidade de vida adulta na diversidade funcional”
Poñentes:
- Manoel Baña Castro. Director da Unidade Clínico- Asistencial de TEAs/TXDs. Doutor en psicoloxía e profesor da Universidade da Coruña.
- Soledad Agra Tuñas, psicóloga do servizo da muller do Concello de Muxía (A Coruña) e técnica- asesora de AGADI.
- Fernanda De Uña Piñeiro, especialista en Audición e linguaxe da Xunta de Galicia
- Déborah Vales Vázquez, psicopedagoga e membro do servizo de atención de AGADI.
- Mary Luz Fernández Álvarez, psicopedagoga e membro do servizo de Atención de AGADI e DISMACOR.
- Rosana Fresco Gómez, psicopedagoga e técnica de AGADI.
- “Seminario De Especialización: “Diagnóstico, Atención E Intervención En Persoas Con TEAs e TXDs: O Modelo De Ética e Calidade De Servizos”.
- “Achegamento Á Realidade Socio-Cultural Galega Dende a Inclusión: os Nosos Alimentos, a Nosa Cociña. En Colaboración Cas Asociacións De Persoas Discapacitadas Da Comarca (AGADI e DISMACOR)”.
- Curso De Pais/Nais Sobre Las Necesidades Educativas Especiais na Escola En Colaboración Ca Asociación AGADI.
- Colaboración Con Asociacións De Atención ás Persoas Con Discapacidade (DISMACOR e AGADI) nun Proxecto De Ocio Inclusivo.