THE: Times Higher Education World University Ranking

THE: Times Higher Education World University Ranking

O Times Higher Education World University Ranking publica un ranking das mellores universidades a nivel mundial que mide a calidade de cada universidade atendendo a 4 indicadores: ensino, investigación, transferencia de coñecemento e proxección internacional. O ranking avalía 1258 universidades de todo o mundo (45 españolas).

Fontes de información

Datos das propias universidades e Scopus

Data de publicación

11 de setembro de 2019

Edición actual

2020

Resultados

A UDC mantense na banda de 801-1000 do total de institucións avaliadas en todo o mundo. O seu punto forte é a investigación onde ocupa o posto 891. Dentro de España, ocupa o lugar 23 das 45 universidades estudadas.

THE_WORLD


Actualizado: setembro de 2019