QS Top Universities Ranking

QS Top Universities Ranking

O obxectivo principal do QS Top Universities Ranking é axudar os estudantes a facer comparacións das principais universidades de todo o mundo. Os resultados están baseados en seis indicadores: reputación académica, reputación dos traballadores, número de profesores por alumno, citas por facultade, proporción de estudantes internacionais e proporción de profesorado internacional. A clasificación está deseñada para avaliar as universidades en cinco áreas: investigación e descubrimento, empregabilidade e resultados, Experiencia de Aprendizaxe, Compromiso Mundial e Sostenibilidade. Actualmente clasifícanse 1501 universidades, das cales 38 son españolas.

Este ranking dá unha maior importancia ás respostas das enquisas que envía a académicos e responsables de recursos humanos. Así, a metade da súa puntuación vén explicada por estes resultados, sendo un 30% o prestixio académico e un 15% o laboral.

A actual edición está baseada nos seguintes indicadores:

Investigación e Descubrimento

  • Reputación académica (30%). Obtido a través de enquisas a académicos.
  • Impacto da investigación (20%). Citas obtidas polos artigos publicados nos últimos 5 anos ponderados polo número de profesores de cada universidade. Información obtida do Scopus.

Empregabilidade e Resultados

  • Reputación laboral (15%). Obtido a través de enquisas a responsables de recursos humanos.
  • Resultados de emprego (5%). Combina dúas métricas: Taxa de emprego de graduados e Índice de resultados de exalumnos.

Experiencia de Aprendizaxe

  • Calidade educativa (10%). Ratio profesorado/alumnado.

Compromiso Mundial

  • Internacionalización do profesorado (5%). Porcentaxe de profesores estranxeiros fronte a nacionais.
  • Rede Internacional de investigación (5%). Calcúlase como L/ln(P), onde P é o número de socios internacionais e L é o número de distintas localizacións internacionais representadas por eles.
  • Internacionalización do alumnado (5%). Porcentaxe de alumnos estranxeiros fronte a nacionais.
  • Diversidade de estudantes internacionais (indicador non ponderado). Examina a proporción de estudantes internacionais con respecto ao total de estudantes, así como a diversidade de nacionalidades ás que pertencen os ditos estudantes.

Sustentabilidade

  • Sustentabilidade (5%). A puntuación deste indicador obtense da análise do QS Sustainability Ranking. Avalía o impacto social e medioambiental das universidades como centros de educación e investigación.
Fontes de información

Scopus e enquisas a académicos e responsables de recursos humanos e información das propias universidades.

Edición

2025

Data de publicación

19 de xuño de 2025

Datas de referencia

6 anos para citas (2019-2024); 5 años para publicacións (2019-2023).

Resultados

Só 38 universidades españolas conseguen entrar este ano no ranking e a UDC é unha delas, ocupando o posto 1001-1200. Na seguinte figura móstrase a evolución da posición da UDC:

Evol_QS_2023

Nas seguintes táboas indícase a evolución das puntuacións obtidas nos indicadores estudados e as posicións a nivel mundial que ocupa a UDC segundo cada indicador.

Puntuacións por indicador

 

2019

2020

2021

2022

2023

2024

2025

2026

Reputación académica

5,3

4,5

4,9

5,4

5,0

5,8

5,9

8,5

Reputación laboral

4,2

6,8

6,7

6,1

5,8

5,6

4,8

7,1

Citas por profesor

8,0

8,8

10,4

9,0

7,7

7,1

7,3

13,8

Ratio de estudantes por profesor

41,1

41,6

30,8

29,6

26,0

25,1

24,2

29,3

Profesorado internacional

2,6

2,4

1,7

1,3

2,0

2,8

2,9

3,5

Estudantes internacionais

3,5

3,9

4,4

5,2

4,8

4,6

4,5

9,4

Diversidade Estudantes Internac.

-

-

-

-

-

-

-

15,2

Rede Internacional de Investigación

-

-

-

-

52,6

12,0

56,1

61,7

Resultados de emprego

-

-

-

-

5,0

7,6

1,8

3,6

Sustentabilidade

-

-

-

-

-

42,6

23,2

61,1

TOTAL

12,7

12,9

11,2

10,9

9,7

9,7

9,4

14,7

 

Ranking mundial por indicador

 

2019

2020

2021

2022

2023

2024

2025

2026

Reputación académica

501+

501+

501+

501+

501+

601+

601+

701+

Reputación laboral

501+

501+

501+

501+

501+

601+

601+

701+

Citas por profesor

601+

601+

601+

601+

601+

701+

701+

801+

Ratio de estudantes por profesor

376

367

494

519

567

582

606

645

Profesorado internacional

601+

601+

601+

601+

601+

701+

701+

801+

Estudantes internacionais

601+

601+

601+

601+

601+

701+

701+

801+

Diversidade Estudantes Internac.

-

-

-

-

-

-

-

801+

Rede Internacional de Investigación

-

-

-

-

601+

636

676

667

Resultados de emprego

-

-

-

-

601+

701+

701+

801+

Sustentabilidade

-

-

-

-

-

345

505

477

 

Actualizado: xuño de 2025