Webometrics: Ranking Web de Universidades

Webometrics: Ranking Web de Universidades

O CSIC publica desde 2004, cada seis meses, un ranking académico sobre as institucións de educación superior de todo o mundo tendo en conta a súa presenza e impacto na Web. O obxectivo é apoiar as iniciativas open access, así como promover o acceso electrónico ás publicacións científicas e a todos aqueles materiais de tipo académico. Na actualidade o ranking inclúe máis de 12000 universidades.

Fontes de información

Google, Google Académico, Yahoo, Yahoo Site Explorer, Yahoo Search, Bing e Scimago IR.

Edición

2.ª de 2019

Data de publicación

30 de xullo de 2019

Resultados

A UDC colócase na posición 36 en España, das máis de 250 institucións consideradas, na posición 364 de Europa e na 818 a nivel mundial. Isto sitúa a UDC entre o 7% das universidades máis visibles do mundo, entre o 6% en Europa das máis de 5000 institucións avaliadas e na 867 a nivel mundial das máis de 11000 institucións estudadas. Isto sitúa a UDC entre o 7% das universidades con maior rendemento web do mundo, entre o 6% en Europa e entre o 14% en España.

 

Webomet_UDC_2019


Actualizado: xullo de 2019