Son os diferentes proxectos e convenios que se están a conseguir dende que se lanzou o programa de Fondos Next Generation. Existen diferentes modalidades (proxectos ou convenios) e diferentes categorías (proxectos institucionais, proxectos interdisciplinares e proxectos de investigación).
Responden aos diferentes obxectivos formulados pola Unión Europea e teñen por obxecto a mellora da dixitalización, a transición ecolóxica ou da resiliencia. Para os proxectos institucionais amósase tanto a información básica como información máis en detalle relativa aos contidos, convocatoria, concesión e memoria básica dos fitos acadados.