As medidas implantadas como consecuencia da posta en marcha da estratexia antifraude da UDC estrutúranse arredor das catro fases do ciclo antifraude: prevención, detección, corrección e persecución.
Ler máis...
Con carácter previo á elaboración do Plan de medidas antifraude da UDC, o grupo de traballo encargado, en xuntanzas que tiveron lugar en decembro de 2021 e xaneiro de 2022, levou a cabo a autodiagnose da institución de acordo co anexo II.B.5 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.
Ler máis...
Coa avaliación do risco o que se pretende é abarcar todos os riscos potenciais, non só aqueles que permitan detectar situacións de fraude ou corrupción, senón tamén aqueles que poidan revelar irregularidades ou problemas que afecten ao cumprimento de normas e á boa administración.
Ler máis..
Trátase de prever a existencia de medidas de detección axustadas aos sinais de alerta e definir o procedemento para a súa aplicación efectiva. En concreto, trátase de implantar e definir indicadores de fraude ou sinais de alerta (bandeiras vermellas) e comunicalos ao persoal en posición de detectalos.
Ler máis...
Adicionalmente, manifesta que non incorre en dobre financiamento e que, no seu caso, non lle consta risco de incompatibilidade co réxime de axudas do Estado. Para iso, deben reforzarse as medidas de control dos ingresos e previr o dobre financiamento.