Pavillón de Servizos Xerais e Dirección do primitivo Hospital da Nosa Señora das Dolores -1894-. Tamén era residencia das "monxas" -Irmás da Caridade-.
Foi bautizado na súa orixe co nome de San Ramón. Desde entón, o que foi pavillón número dez, sufriu constantes modificacións. Quizais a galería que hoxe puidese parecer o máis representativo do edificio, sexa a máis significativa modificación, engadida ao redor de 1950 e non pertencente por tanto ao proxecto orixinal Tollet.
Na actualidade acolle as instalacións da Facultade de Humanidades.
Arquitecto autor da reforma: D. Alfredo Alcalá Navarro.
Construtor: Constructora San José.
GPS coordinates: 43° 28' 56.1714'' N 8° 13' 25.356'' W
Address: R/ Dr. Vázquez Cabrera, s/n. 15403 - Ferrol